Ciclo Formativo de Grao Superior


Administración e Finanzas


"Melloramos e adecuamos a formación profesional ás necesidades da empresa"











Información



Familia Administración e Xestión
Nome ciclo Administración e Finanzas
Grao Superior
Horas 2000

Módulos:

              
1º Curso
Inglés 160
Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80
Ofimática e proceso da información 240
Proceso integral da actividade comercial 133
Comunicación e atención á clientela 160
Formación e orientación laboral 107
2º Curso
Xestión de recursos humanos 105
Xestión financeira 123
Contabilidade e fiscalidade 157
Xestión loxística e comercial 105
Simulación empresarial 140
Formación en Centros de Traballo (prácticas en empresas) 384
Proxecto de administración e finanzas 26












Requisitos de Acceso


Pódese acceder a un ciclo de grao medio cando se reuna algúns dos seguintes requisitos:
  1. ⎕ Bacharelato
  2. ⎕ Titulación universitaria
  3. ⎕ COU
  4. ⎕ Proba de acceso.












Perfil Profesional

  • O currículo do ciclo formativo de grao superior corresponde ao título de técnico en superior en administración e finanzas, para organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa  pública ou privada, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias e actuando segundo as normas de prevención de  riscos laborais  e protección ambiental.









Formación en centros de traballo

Coñecida como prácticas en empresas. Este módulo é de carácter obrigatorio para todos os ciclos formativos e se desenvolve en empresas ou institucións en situación reais de traballo. Neste módulo aplícanse as competencias profesionais adquiridas no centro, ademais das propias que se realizan na empresa.
O módulo da FCT desenvólvese de xeito ordinario no último trimestre do 2º curso de cada ciclo, no período de abril a xuño, tendo unha duración para ciclos LOE de 410 horas nos ciclos medios e 384 horas nos ciclos superiores.
Este módulo pode ser convalidado pola súa correspondencia coa experiencia laboral, debéndose acreditar un ano de traballo a tempo completo ou os días de cotización equivalentes a un ano a tempo completo no caso de contratos a tempo parcial. 









Empresas Colaboradoras

Algunhas das empresas que colaboran coa nosa escola no desenvolvemento do módulo da FCT son as que se relacionan a continuación:
Darlim, SL
Femadi Asesores, SL
Viza Automoción, SA
Forjados Hermanos Durán, SL
Alfeso, SL
Maderas Goián, SL
Grupo star, SL
Granitos de Atios, SA
Asesoría Viñas & Brea, SL
ACT Torrealday Galicia, SL
Xestoría Represas
Asesores Técnicos Mercantiles, SL
Gestamp Vigo, SA
Bodegas Terras Gauda
Área Global Asesores SL
Dous Trazos, SL
Pérez Feijoo y Cía , SL
Asesores do Baixo Miño, SL
Fundación CTAG
Gefco España, SA
Euroasesores del atlántico SLL
A Cociña de Lumai, SL
Pycflorga SL
Asefisla Salceda, SL
 









Training en Empresas - Metodoloxía Empresa-Aula

O plan de estudos da nosa escola caracterízase pola aplicación en cada un dos ciclos da metodoloxía empresa-aula de xeito complementario e transversal.
Consiste en que o alumnado se achegue á empresa nun período de tempo por trimestre.
 O obxectivo prioritario é ir aplicando os coñecementos adquiridos e acadar certas competencias profesionais dun xeito totalmente práctico e adaptado á realidade laboral, recreando un espazo específico. Deste xeito, trimestralmente aprenden traballando e coñecen máis de cerca a profesión que escolleron.


















Contacto

EFA A Cancela


Tortoreos s/n. 36440. As Neves. Pontevedra


Tlf: 986648250    |       Fax: 986648284


www.acancela.es
acancela@efagalicia.org