Presentado o Plan de Actividades do CPR-EFA Fonteboa para os meses de Abril a Xuño de 2007

Descargar Plan de Actividades (.pdf)

O Plan de Actividades resúmese en:

APICULTURA

Xuntanza de Apicultura o luns 23 de Abril as 20:00 horas. ontinuación do programa de traballo anual.
Poden participar todas as persoas interesadas no tema. ste grupo tamén organizará para os meses de xuño e xullo as tradicionais xornadas de campo de apicultura

CURSOS DE APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS

Durante o 2007 haberá 2 cursos básicos de aplicación de Fitosanitarios. a temos datas para a imparitición dos cursos de “Aplicación de Fitosanitarios” de 2007. Son as seguintes:
- Do 4 ó 8 de xuño, en horario de 15,30 a 19,30 horas.
- Do 1 ó 5 de outubro. en horario de 15,30 a 19,30 horas.
Ambos cursos desenvolveranse na EFA Fonteboa. As prazas nestes cursos son imitadas polo que se recomenda a inscripción con tempo suficiente.

CURSO DE XARDINERÍA 2007

Para o 4 de xuño está previsto o inicio do curso de Xardinería 2007, correspondente o Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), dependente da Consellería de Traballo.
Hai 15 prazas e vai dirixido ás persoas interesadas en formarse nesta especialidade. Os interesados/as deben inscribirse na Oficina de Emprego de Carballo.
O Curso dura 4 meses e desenvolverase en horario de mañan.

ADAMA  (Asociación para a Dinamización da Muller do Agro)

Continua co seu plan de actividades mensual. Para o 28 de Abril hai convocada unha xuntanza en Fonteboa para temas de aforro enerxético na agricultura e coidado do entorno das explotacións...

GRUPOS DE ESTUDIO E DESENVOLVEMENTO AGRARIO

Continúa o programa previsto:
Analíticas de solo e de xurro e xornadas de campo nos vindeiros meses.
Cóntase coa colaboración do Centro de Investigación Agraria de Mabegondo e a Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña

Seminarios sobre “CULTURA EMPRENDEDORA”

“XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAS” e “PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL”
Seminarios sobre “Cultura Emprendedora”, “Xeración e maduración de ideas empresariais” e “Planificación empresarial”, organizadas por Agader en colaboración coa EFA e co IGAPE.
Desenvolveranse na seda da EFA e na casa de cultura de Mazaricos.

AINFOGRA (Aula de Informática Agraria)

Durante os meses de Xaneiro a Marzo realizáronse os cursos de Iniciación a Informática agraria no que se formaron arredor de 50 profesionais.
Na actualidade estamos a traballar na creación do Programa de Xestión Integral de Explotacións AgroGandeiras que estará rematado en Setembro deste ano.
En Setembro retomaremos a formación cos 50 profesionais que xa participaron no proxecto e con outros que poidan estar interesados na materia.

CLAUSURA CURSO 2006-07

A Clausura oficial do curso 2006-07 terá lugar o venres 15 de xuño as 20,00 horas, cun formato similar ó de anos anteriores. Participarán as familias dos alumnos de Formación Profesional, os socios da Asociación e os colaboradores habituais da EFA.
Para os pais de 3º e 4º de ESO a clausura será os días 1 e 8 de xuño respectivamente.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn