A actividade tivo como obxectivo poñer en valor tarefas que as mulleres rurais dominan na área da pastelaría e mellorar estas competencias de cara a busca ou creación de emprego neste ámbito

As participantes eran mulleres rurais pertencentes ás diferentes asociacións coas que ven traballando a Federación EFA neste territorio.

 

Esther Juan Salvadores e Fátima Estevez Posada, profesoras do ciclo de Panadaría, Respostaria e Confeitaria que se imparte en A Cancela e expertas na temática foron as responsables do deseño e desenvolvemento da actividade.

Elaboraron diferentes postres onde:

 

  • innovaron  en misturas e acompañamentos
  • utilizaron  produtos autóctonos e de tempada
  • traballaron no deseño  e creatividade na presentación dos postres


Ó final do día expuxeron os pratos elaborados:

  • Mestizaxe de Ioghurt de requeixo e chocolate branco ivore acompañado dunha compota caramelizada de mango-plátano e  aromatizada con clavo.
  • Xeado de Vinagre de Módena con fresiñas e  niño crocante.


A valoración da actividade polas participantes foi positiva xa que nas  conclusións a destacar  está a de constituír un grupo de traballo para abordar as posibilidades de emprego no territorio e no ámbito destas actividades profesionais.



Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn