Bases do Concurso Vídeo “ Somos o que bebemos: Leite de Galicia”


Artigo 1

O obxectivo do concurso é promover a creación e difusión de vídeos curtos e orixinais relacionados coa seguinte temática: produción de leite, campañas de sensibilización de consumo de leite, accións, manexo e iniciativas relacionadas coas explotacións de leite. Polo tanto, os conceptos clave son: sensibilización, valores, mensaxe, relevancia e orixinalidade. As obras máis apoiadas serán as que correspondan co noso lema “ Leite de Galicia: Somos o que Bebemos”.

O concurso está aberto a mozas e mozos  menores de 23 anos.
A duración dos vídeos vai de 1 a 6 minutos.

Artigo 2

As/os participantes fanse responsables do contido das producións. Os vídeos deben ser comprensibles para o gran público, en galego ou castelán.

Aqueles vídeos que non cumpran có copyright o con calquera outro dereito de imaxe serán retirados. Os vídeos deben ser orixinais e non se tolerará ningún plaxio.

Así mesmo, se aparecen menores de idade no vídeo, as/os autoras/es deberán enviar unha declaración de cesión de dereitos de imaxe firmada polos pais, nais ou titores legais (formulario facilitado na web).

No caso de que os organizadores do concurso premien unha obra dun participante que non sexa o/a autor/a e o/a verdadeiro/a autor/a demande aos organizadores por danos e prexuízos, dito/a participante será responsable legal de calquera demanda por danos e prexuízos que puideran recaer sobre a EFA FONTEBOA.

Os vídeos non deben atentar contra a propiedade, a intimidade ou a integridade de persoas físicas ou xurídicas.

As/os participantes deben confirmar ser as/os titulares dos dereitos relativos á música, son e ás imaxes utilizadas nos vídeos enviando todo os documentos necesarios a Feiranova s/n Coristanco, 15147.

Artigo 3

A EFA FONTEBOA ten a función de nomear ás/aos membros do xurado. A decisión do xurado é final e inapelable.

Os premios son de 300,00 € para o primeiro posto e 100,00 € para o segundo. A EFA FONTEBOA ten o dereito de resolver calquera asunto que non estea cuberto no presente regulamento.

Artigo 4

Os pasos para participar no concurso aparecen detallados na páxina web www.efagalicia.org. Así mesmo, este regulamento estará en dita páxina e será imprescindible a súa lectura para a participación. Este regulamente establece que a participación no concurso implica a aceptación das bases deste regulamento.

Para participar hai que subir o vídeo ou colgar o enlace no grupo de Facebook “Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa” e enviar unha mensaxe por correo electrónico confirmando a autoría dese vídeo ó seguinte correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.. Neste enderezo electrónico a/o participante terá que declarar ser titular legal do copyright do vídeo, os compoñentes visuais e de son, así como o ano de produción do vídeo. EFA FONTEBOA resérvase o dereito de solicitar demostración da autoría, ano de produción, dereitos de copyright do vídeo. Así mesmo, EFA Fonteboa resérvase a posibilidade de cancelación da participación dalgún vídeo por non cumprir algún destes requisitos.

O vídeos terán que subirse antes do 1 de xuño de 2011 ás 00.00 horas. O ano de produción non debe ser anterior a 2010.

Se houbese menos de 50 participantes a EFA FONTEBOA resérvase o dereito de anulación do concurso, se fose o caso.

Os organizadores non son responsables dos problemas técnicos que xurdan si os vídeos non se reproducen. Cada participante pode enviar un número ilimitado de vídeos.

Artigo 5

O xurado estará formado por un equipo do profesorado da EFA FONTEBOA que determinarán os vídeos premiados. A dotación total é de 400,00 €.

Os premios repártense da seguinte maneira:

  • Premio o 1º mellor vídeo: 300,00 €
  • Premio o 2º mellor vídeo: 100,00 €

Os premios outorgaranse o 18 de xuño na clausura do curso 2011.

Artigo 6

Durante a duración do concurso os organizadores teñen o dereito de utilizar os vídeos presentados para calquera fin lícito e non ofensivo. As/os participantes autorizan aos organizadores a gardar e emitir os vídeos presentados ao concurso á EFA FONTEBOA baixo os anteriores supostos.

Artigo 7

Despois do concurso, os vídeos seguirán estando dispoñibles na web da EFA FONTEBOA e no grupo Facebook “Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa”.

Artigo 8

A participación no presente concurso implica a aceptación das Condicións Xerais do presente regulamento.



Para calquera información:
CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL EFA FONTEBOA
15147 Feiranova s/n.
Coristanco – A CORUÑA – GALICIA – ESPAÑA
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn