Concurso de Vídeos:
“Somos o que bebemos: Leite de Galicia”



Os mozos e mozas do rural teñen moito que dicir. Por eso, queremos promover este concurso de vídeos para que a xuventude galega nos transmita dunha maneira actual a súa visión do sector lácteo galego.

Condicións do vídeo

Temática: Somos o que bebemos: Leite de Galicia é o título que engloba a temática deste concurso, transmitir unha imaxe atractiva deste sector. Os vídeos, polo tanto, deberán tratar sobre os seguintes temas:

  • Produción de leite
  • Campañas de sensibilización de consumo de leite
  • Accións, manexo e iniciativas relacionadas coas explotacións de leite.

Duración: entre 1 e 6 minutos
Prazo: último día para subir os vídeos será o 1 de xuño ás 00:00 horas.

Premios

Os premios repártense da seguinte maneira:

  • Premio o 1º mellor vídeo: 300,00 € en metálico.
  • Premio o 2º mellor vídeo: 100,00 € en metálico.


A entrega de premios será o 18 de xuño durante a clausura de curso do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa.

Pasos para participar

1. Sube o enlaza o teu vídeo no grupo de Facebook <<Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa>> (para iso simplemente tes que facerte amigo deste grupo Facebook).
2. Envía un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. confirmando que ti es o autor desde vídeo. Esta mensaxe ten que ter os seguintes datos:
- Título do vídeo.
- Nome do autor/autores.
- Idade dos participantes
- Teléfono e dirección de contacto.
- Data de creación do vídeo.
- Certificación da posesión do copyright do vídeo subido.
3. Consegue que o teu vídeo sexa o máis visitado.

Criterios de puntuación

Se queres gañar, a continuación che damos os criterios que utilizará o xurado para avaliar os vídeos:

1. Ata 10 puntos o vídeo mais votado.
2. Ata 8 puntos a calidade técnica.
3. Ata 6 puntos creatividade.
4. Ata 6 puntos contido informativo e ilustrativo.

Bases do concurso

Consulta as bases do concurso.  A participación no presente concurso implica a aceptación das Condicións Xerais deste regulamento.

Documento de cesión de imaxe (só se aparecen menores)


Podes subir o vídeo de dúas maneiras:
1. Subes o vídeo a youtube, vas ó grupo facebook e linkas o vídeo dende a páxina de youtube.
2. O subes directamente a páxina do grupo facebook. Buscas nesa páxina o icono de “subir vídeo” e segues os pasos que che vaian indicando.

 

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn