A promoción de alumnos de 2009-11 de CFGM de Explotacións Agrarias estivo apadriñada por Lácteos Pérez Olveira, empresa con sede na Pereira, santa comba, e con longa tradición de colaboración con Fonteboa.

E tradicional que en cada clausura de curso se proceda a distinción dalgunha persoa, familia, institución, etc pola súa vinculación e implicación coa EFA. Nesta edición a familia distinguida foi Caamaño Pérez, de Vimianzo (3 fillos na EFA e os 3 incorporados a empresa familiar: Maderas Caamaño S.L.).

Asistiron representantes de unha ducia de concellos, e a clausura correspondeu ao Alcalde de Coristanco.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn