CONCLUSIÓNS SOBRE AS XUNTANZAS DE ABELLEIROS

a) Ponse en marcha:

  • Ter un calendario anual e o Centro (EFA) é o lugar idóneo.
  • Compartir experiencias e contactos con outros abelleiros.
  • Actualizar datos e listado dos abelleiros.
  • Avisar con carteis nas comerciais, parroquias, páxina www da EFA, correo electrónico e entre os abelleiros.

b) Pendente:

  • Mellorar contido e orde do día.
  • Aportar documentación, vídeos...
  • Extructurar as xuntanzas por tempos: formación, experiencias e debates.
  • De interese a reflexión nun momento do ano.

c) Concretado en anteriores xuntanzas:

  • Todo o que se realice ou propoña depende dos propios asistentes.
  • Entre os abelleiros non hai vinculación económica nin de asistencia nin de asociación. Só somos un grupo “Amigos das abellas” que queremos compartir experiencias sobre o mundo das abellas.
  • Se fose o caso, cando se fale de institucións farase en positivo.
  • Mantense as 20.15 horas e como remate ás 21.15. O método é a palabra, comentario de noticias, documentos, vídeos... Antes e despois da xuntanza é o momento para establecer contactos con outros abelleiros e compartir tarefas, se procede, no propio colmear.
  • Banco do tempo para o menexo das tecnoloxías informáticas.
  • Celebrar, se procede, comida e a patroa dos abelleiros.

 

OBXECTIVO  
Non competir senón colaborar con outras organizacións en prol das abellas.

O GRUPO “AMIGOS/AS DAS ABELLAS”
1.- Non ten vinculación económica, asociativa, nin de asistencia...
2.- Só falará das abellas. A lista de teléfonos é unha axuda. O grupo decide colgar imaxes na páxina www.efadegalicia.org., un xantar ou cea de abelleiras/os anual e a celebración da  Patroa.
3.- De organización:  o método é a palabra, avisos vinculados coas abellas, concreción do día, mes, hora para a vindeira xuntanza.
 

PARA MAIOR INFORMACIÓN FALAR CON:

D. Jaime Antelo (Apicultor) 981 733 200 (Seavia Arixón, Coristanco)

Dña. Norbina Gómez (Apicultora) 660 039 544 (Aldemunde, Carballo)

 

 
 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 25 DE OUTUBRO 2011

Nota: Agradecer a D. Ricardo por recordar aos despistados da vindeira data para a xuntanza dos “amigos das abellas”. Os temas tratados foron:

1) Despoboamento das colmeas razóns e causas.

2) Diversas técnicas para gardar os cadros no inverno sen ser atacados pola polilla. Chaman a atención os métodos sen tratamentos.

3) Propostas para a mel sen opercular e mel con tratamento.

4) Charla-coloquio por parte de D. Julio López sobre: Produtos da colmea e cata do mel comentada. Despois da mel é cata de mazás. Data o 30 de novembro para os alumnos da EFA Fonteboa e poden asistir abelleiros que o desexen. Pódese traer mel e mazás para catar. Horario de 16.30 -17.30 para produtos da colmea e cata, despois cata de mazás. Os interesados deben avisar por razóns de prazas. O que queira pode poñerse en contacto con D. Ricardo mediante o nº 686926259.

 


 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 6 DE SETEMBRO 2011

Nota: Por erros informáticos non foi posible actualizar esta data. Por esta razón algúns non puideron asistir. Os temas tratados foron:

1) Tratamentos e traballos nesta época

2) Producción, técnicas para sacar mel.

3) A producción varía entre 10litros e 35 litros e a media é de 23 litros.

3) Estudo dunha colmea infestada con varroa.

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 24 DE MAIO DE 2011

 


1.- Sída e captura de enxamios
2.- Datos obxectivos para colocar alzas
3.- Manuel (Fidel) fala da súa experiencia e casos chamativos. Son máis de 30 anos manexando abellas.
4.- Enxamio nun tubo de aluminio e trasego a colmea. Tamén trasego dun enxamio nun oco dunha persina a colmea.
5.- Época e datas axeitadas para castrar e razóns.
6.- Coméntase o interese da Mostra Galega de Apicultura (AGA) o día 26. Igualmente a celebración da Patroa dos abelleiros.
7.- A nova data é moi próxima ás vacacións, por iso se propón informar ou lembrar aos compañeiros. O único medio de comunicación para os non asistentes ou novos queda supeditado as TIC.

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DO DÍA 22-02-11

 


1) Instalación dunha abellariza: orientación, lugar e distancias segundo a normativa do Diario Oficial de Galicia (DOGA do 30 de xuño 2009)
D. Manuel Pérez fala da técnica dos aramios para concretar o lugar idóneo.
2) Tarefas a realizar nesta época: se comenta a limpeza de fondos, renovación da cera e técnicas para o control da provisións (mel e pole).
3) Se intercambian ideas e experiencias sobre: o seguro das colmeas, as vantaxas de ser socio de AGA (Asociación Galega de Apicultura), pesticidas, o pole do millo e a posibilidade de retiralo, a chegada do avéspora xigante entre outros.
4) D. Roque comenta a proposta de concretar a celebración da Patroa dos abelleiros e igualmente a cea ou algo parecido.
5) Se informa do curso de iniciación que se realizará na EFA coa colaboración con técnicos de AGA.
6) O sábado día 26 de marzo, segundo programa, se queda na EFA ás 11.00 horas e no concello de Ordes ás 11.30 horas. Xantarase nun restaurante ao redor de Frades. Ante algunha dificultade comunicarse con Luis e teléfono 616345662.
7) Na sesión do último xoves, non se puido realizar prácticas no colmear por mal tempo. Se decide ter outra sesión o venres día 8 de abril-11 ás 15.00 horas e xa no colmear de Norbina. De interese chamar pola mañá á Norbina (teléfono 660039544) por se novamente hai mal tempo e hai que suspender a práctica para outro día. Igualmente Norbina comunica aos presentes que o que queira realizar prácticas na explotación só ten que avisarlle.

 

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA CON DATA 9 - NOVEMBRO 2010

 


1) O fenómeno do síndrome do despoboamento das colameas. Posibles orientacións, causas e solucións.
2) Reflexión sobre os datos da temporada presente.
3) Información e comentario por parte de D. Víctor da entrevista a D. Xesús Asorey no xornal o Ideal Galego.
4) D. Jesús comenta a influencia dos “pesticidas”na apicultura. Análise dun caso na súa explotación.
5) Enxamios: construcción de panais, orientación dos panais ou orientación das antenas en covos e lacenas. A variable de estudo é que o enxamio decide libremente a construcción das antenas ou panais. Neste estudo só temos, de momento, enxamios en covos e lacenas. Hai varios membros do Grupo dos Amidos das Abellas (G.A.A) interesados en aportar datos.
6)Dona Norbina informa dun novo “producto” ecolóxico para tratamentos das abellas e D. Jaime do seguro para colmeas.
7) Se comenta a normativa das distancias para abellarizas con menos de catro colmeas e maior .
8) Se lembra:
a) Ver GAA (Grupo de Amigos das Abellas).
b) Informar ós coñecidos para a seguinte xuntanza
c) Traer fotografías para o museo virtual dos abelleiros

 

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DO MARTES 28 DE SETEMBRO DE 2010


 

 

Os datos da enquisa sen nome é:
Son medias dos datos entregados e queda aberto a variacións por nova información.

Ámbito: Coristanco, Laxe, Carballo, Cabana e Laracha

Número de colmeas: 12

Número de enxamios recollidos fóra do colmear: 3,5

Número de enxamios recollidos do colmear: 1,5

Dimensións dos enxamios:
a) Ocupan entre 1-2 cadros: 5
b) Ocupan entre 3-4 cadros: 2,4
c) Máis de 5 cadros: 2

Data do 1º enxamio recollidos:
a) Abril: 25%
b) Maio: 50%
c) Xuño: 25%

Datos sobre alzas:
a) Colocación: 1) Maio: 25% 2) Xuño: 50% e Agosto: 25%
b) Se enchre: 1) Maio: 33,% 2) Xuño: 33,3% e Agosto: 33,3%
c) Producción da mellor colmea: 31litros

Renova as raíñas: a) 25 %  Si e o 75% Non

Renova a cera: En primaveira o 75% e o 25% Non

Ten varroa: 75 % Non e o 25% Si

Para a xuntanza de abellerios me informo:
a) 15% internet, b) 20% compañeiros d) 50% na xuntanza 15% carteis da comercial.

Nota para a xuntanza: 9

Outros
D. Jaime inagura o novo ano e remtata decindo que os que veñen non teñen cota, pero tampouco cobran. Espera que sigamos xuntándonos para intercambiar experiencias.
D. Manuel trae unha colmea cos cadros de cría para o análise. A tivo nunha cámara de frío. Informa da problemática e despois das deliberacións pertinentes se chega ó consenso de tres alternativas como causa do despoboamento e pillaxe.


TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 22 DE XUÑO 2010
1) Vantaxas e inconvenientes da bandexa de rexilla.
2) Técnicas para a captura de varroas..
3) Caso: enxamio cunha esterqueira de abellas mortas diante ou dentro da colmea.. Se analizarón as causas.
4) Caso práctico: mediante un  cadro da cámara de cría con o 50% de cría operculada de zánganos e de abellas se realiza o control de varroa.
5) Dúas profesoras da universidade de Portugal e Granada informan do estudo das abellas de Portugal e España. Contactaron con algúns aballeiros para recoller mostras.
6) Un grupo de abelleiros, xóvenes da Efa, terán unhas xornadas durante o verán as cales consistes en profundar na actividade e intercambiar experiencias con abelleiros da zona. Decir que asiste un abelleiro de 12 anos.
7) Todos teñen os teléfonos dos asistentes á xuntanza, o verán é un bo momento para intercambiar ideas no propio colmear.
LARGA VIDA ÁS ABELLAS PARA QUE AXUDEN Á BIODIVERSIDADE


 

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 27 DE 2010

1) D. Manuel P. informa sobre as prácticas e situación da apicultura en Arxentina. De interese o método que empregan para a orientar a colmea e colmear, é algo semellante a como atopan os manantiais de auga.

2) Seguen desaparecendo colmeas que eran fortes en setembro e pola contra os núcleos pequenos funcionan. D. Manuel explica a problemática do millo: período de floración, recollida do pole e reservas contaminadas para o inverno. Manuel Moreira informa das charlas de AGA e datas que van nesta liña.

3) O fume de tabaco como desparasitador de piollos, varroa e hixiene. Igualmente a auga de ortiga para as diarreas.

4) Para molestar o mínimo posible realizar un cubre cadros de cristal con antihumidade.

5) Se informa por parte de Jaime da data para a celebración da Patroa das/os abelleiras/os, a data é o xoves 20 de maio. Norbina comenta a realización de velas con cera de opérculos.

 

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE MARTES 19 DE 2010

 

1 - Jaime expuxo receitas de propóleo e na vindeira xuntanza concretará máis.

2 O día 18-01-10, Norbina abre dúas colmeas por sospeita en alimentación. Todo estaba mellor do que esperaba e a como invernou.

3 -Fálase criar maestras de:

a) Enxamio que foi atacado pola loque, recupérase e leva catro anos producindo e moi forte.

b) Enxamio que leva uns catro anos nun pallote, a ras do chan e entre madeiras vellas e aparellos. Se comenta de antes cambialo para unha colmeas se a dona lle apetece. Sácaselle mel polo método máis primario e arcaico.

Neste punto, coméntase o interese de asistir algúns cando se realicen ditas actividade para aprender a pasar un enxamio a colmeas ou criar maestras.

4 - Analízase o caso exposto por Antonio, era cera nova con marcas de posta. Se decide polos datos amosados que era unha colmea zanganeira. Se comentas as razóns.

5 Banco do tempo para abelleiras/os, consiste en ensinar o manexo do ordenador: internet, correo electrónico e progresar en mecanografía. Hai uns monitores, alumnos da Efa, que están dispostos a colaborar. Os interesados poñerse en contacto con centro o Jaime e Norbina.

6 -Recoller datos de colmeas con piqueira aberta e pechada. Pódese vincular coa cría e aumento da varroa.

7 - Manuel e Norbina falan da cea-cocido con grelos. Algúns máis apoian dito comentario. Queda para a vindeira xuntanza o concretar, lémbrase que só é para os interesados e con carácter totalmente voluntario.

8 -Para os asintentes novos, son seis, se lembra que só se fala de abellas, pero esté consolidado e só para os que queiran e voluntarioamente:

a) Cea de abelleiras/os

b) Sacar fotos para colgar na páxina da EFA Fonteboa

c) Celebraación da patroa dos abelleiras/os, será o terceiro xoves de maio.

 

9 - Lémbrase que estamos a poñer en marcha o museo virtual dos abelleiros, e estudo da flora.

10.- Quedou pendente, no encerado, introducir datos de producción e enxamios recollidos.

 


TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 10 DE NOVEMBRO 2009

1.- Casos:

a) Morren abellas e colmeas dunha área significativa. O motivo é a loque. Realízase limpeza segund200 mts no mes de setembro. As pecoreadoras en número significativo voltan ó seu lugar. As reco o establecido. Nunha colmea bacía e na que morre o enxamio por anterior razón entra un enxamio na primaveira. Produce mel e é un enxamio fantástico.
b) Por mor da loque se reduce o enxamio á un puño de abellas en febreiro. Realízase tratemento. Na primaveira medra. Produce 30 kg e queda un enxamio con abellas en tódolos cadros.
c) Retírase un enxamio a ollen e levan a 15 Km. Este enxamio de pecoreadoras estira a cera, pon mel... O asistente formula varias cuestións e unha delas é, que colmea ten a maestra?, ámbalas teñen a maestra?...
Nota: propuxéronse varias solución e saíron novos interrogantes, algúns quedan para a vindeira xuntanza.

2.- Roque e Jaime explican o caso dun enxamio nun pendella ou algo similar. Asunto curioso.
Proposta de observar o ruído ó golpear a colmea. Concretar datas, hora e evolución da intensidade. Posta en común na vindeira xuntanza e vinculación co fenómeno da desparición das abellas.

3.- Norbina explica que realizará unha velas para o día da celebración da Patroa dos abelleiros. Os que queiran participar entregarlle cera de opérculos. Lembra que é só para o que queira, Norbina, puntualiza, que os gastos son pola súa conta.

4.- No remate da xuntanza, varios falan da ausencia de Indalecio. Por esta causa, esperan que non decaiga a cea do cocido.

5.- Remátase con algunha indicacións sobre:

a) Os que queiran poden deixar o teléfono para incorporar á lista.
b) Fotocopias do listado de teléfonos á data de hoxe
c) Información sobre o apiario de Fonteboa e terefas cos alumnos
d) Os que queiran e entre os presentes, quedamos para luns ás 20.30 na aula de informática da efa Fonteboa para mellorar ou iniciarse sobre o manexo de internet en relación coa apicultura e a información da efa sobre este mesmo asunto.

6.- Para maior información ver www.fonteboa.es (apicultura e álbum de fotos)


NA XUNTAZA DO 28 DE SETEMBRO DE 2009, FALAMOS:

 

  • Morte das abella. Sen explicación lóxica ante:
a) As colmeas máis fortes que invernan son as que desaparecen en primaveira ou só queda un puñado delas.
b) Os enxamios pequenos que invernan saen mellor na primaveira.
  • Colmeas zanganeiras e posibles solucións.
  • Reservas para o inverno e posible cálculo.
  • Solucións naturaris contra a varroa.
  • Manexo racional das pragas e enfermidades no colmear.
  • Faltou o fotógrafo oficial do grupo, D. Manuel, e polo tanto non temos constancia do realizado.

 


TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 6 DE XULLO 2009

  • Enxamios que veñen e se poñen debaixo ó lado da colmea. Se introducen na colmea e ó día seguinte é como se quixeran marchar, pero morren todas. Se analizan varias hipótesis, pero non hai acordo para unha posible explicación.
  • O propóleo: como se colleita, propara, explicacións da ventaxas e a súa eficacia nalgún dos asistentes.
  • A maioría observarón coa lupa binocular a varroa. Centollo para a cea dos abelleiros.
  • Anomalía no colmenar de Jaime. ´Coméntanse algunhas propostas.
  • Norbina comenta a súa experiencia co propoleo  e informa de datos de científicos. Indalecio e Manuel pensan que a vacuna para a gripe porcina virá por medio do propóleo.
  • Tres abelleiros que están no álbumn de fotos, comentan a súa experiencia para recoller enxamios,  se atopaban na copa e polas de pinos a unha altura considerable.
  • Tres comentan as dificulatades para desfacerse de enxamios que se atopan en eólicos, debaixo de tellados... algúns as mataron. Indalecio propón que non debían estar no grupo de “amigas/os das abellas”. Se propuxeron múltiples solucións.
  • Se fala da normativa sobre distancias para un colmenar. Se concretan algún caso práctico.
  • Pepe S.comenta a súa sorpresa polo grupo de abelleiras/os e as inquedanzas. Fala de que é un socio de AGA e dos primeiros. Explica a evolución dun abelleiro en Ourense, na actualidade ten 750 colmeas, ouvellas e castiñeiros.
  • Remátase coa concreción para os que queren asistir á cea dos abelleiras/os.
  • Para maior información ver www.efadegalicia.org (apicultura e álbum de fotos)
 

 

 

TEMAS TRATADOS NA XUNTANZA DE 8 DE XUÑO 2009

  1. Introdución de maestras novas na col mea
  2. Adolfo trae un trebello inventado para desopercular o cadros de me. Explica e verase no álbum de fotos. Pendente.
  3. Análise dos cadros de mel mal elaborados.
  4. Manuel explica e trae un trebello para dar calor ós aramios dos cadros.
  5. Jaime e outros informan de algúns comentarios na xuntanza de AGA.
  6. Fálase do número significativo de abellóns.
  7. Evitar a colocación de cera estampada. Ventaxas e inconvenientes.
  8. Análise das alzas con oito cadros.
  9. Deixar media alza para o inverno e as vantaxas.
  10. Saída de enxamios.


NA XUNTAZA DO 20 DE ABRIL DE 2009, FALAMOS:

1.- Enxamios:

 

a) Adolfo propuso recoller datos sobre a saída e a relación coa madrugada dos zánganos. Tiña controlado que era sobre as 10.00 horas e días 3, 6 e 9º.

b) Varios comentaron o control e escoita do canto das maestras, especialmente o día anterior á enxamea. Esta canto é seguro para os enxamios posteriores ó primeiro.

c) Don Guillermo comenta que nas Pereiras de Coristanco saíron enxamios este venres pasado (17-04-09)

 

2.- Hai que seguir con atención a loque e repítese o procedemento para a súa solución.

3.- Cría de maestras e selección:

 

a) Don Indalecio agasalla ós presentes con 15 mestras aínda perto do seu nacemento. Viñan nunha xaula con mel. Todos tiveron a posibilidade de comtemplalas, para algúns era algo novo. Comenta como mantelas vivas. Píntanse. Igualmente comenta como mantelas vivas. Infórmase que na seguinte xuntanza hai que devolverlle a Don Indalecio as xaulas.

c) Don Indalecio segue comentando que sería de interese realizar selección de maestras autóctonas. Don Manuel explica un plan de AGA, algunhas ideas foron selección de liñas tolerantes, técnicas de selección, cría calva, retirada de zánganos para control da varroa. Puxo especial interese en atopara colmeas resistentes á varroa.

 

4.- Don Indalecio comenta a cea e alterntivas son:

 

a) Restaurantes na área de Dona Norbina e é de interese pola recollida dos asistentes.

b) Na efa cun plan anterior con visitas a algún colmear, xantar na efa e sobre mesa sobre algún tema apícola. Teria lugar sobre un sábado e na primeira quincena de xullo.

c) Don Pombo comenta a posibilidade dunha xantar campeste.

 

 

5.- Celebración da Patroa dos abelleiras/os, Virxe da Valvanera o xoves 21 de maio de 2009 na efa. Ver programa e moi importante falar con Dona Norbina ou Don Jaime da asisntecia e número.

AMIGOS DAS ABELLAS

CELEBRACIÓN DA PATROA, VIRXE DA VALVANERA, DAS/OS ABELLEIRA/OS

 

Xoves día 21 de maio de 2009

Uns/unhas abelleiras/os asistentes á Xuntanza de Abelleiras/os, propoñen:

Celebración da Patroa das/os abelleiras/os

O acto será a Santa Misa en honor da Patroa, dos difuntos dos asistentes e en especial por D. José Landeira e D Antonio Muñiz.

LUGAR:Capela da efa FONTEBOA

DATA:un xoves día 21 de maio e ano 2009.

HORARIO: a) 20.15 recepción. b) 20.30 preparación do acto. c) 20.40 celebración da Santa Misa. SE VOSTEDE ESTÁ INTERESADA/O É NECESARIO O SEGUINTE:

Informar a Don Jaime Antelo con teléfono 981-733200. ou a Dona Norbina Gómez con tefno. 660039544

 

6.- Don Manuel é o fotógrafo do grupo. No apartado de apicultura, podrá ver apartado pertinente. Lembre que algunhas das intervencións e acción pódense ver nas imaxes.

 


 

 



NA XUNTAZA DO 16 DE MARZO DE 2009, FALAMOS:

 

  1. De que as flores non teñen abellas. Os nabos que noutros tempos as flores amarelas eran negras polo número significativo de abellas recolectando polen e néctar.
  2. A química acaba coas abellas, os participantes falan de o millo, anteriormente, era unha delicia ver como estaba cargado de abellas cando florecía. Agora non se atopa ningunha abella nel e a causa é que o millo de procedencia americana algún problema tén.
  3. Fálase sobre as colmenas que levan case un ano sen fondos, observase que están igual ou mellor que as restantes. De isto sacáronse consecuencias prácticas como son: ventilación, piqueira, influencia da calor na colonia, varroa, cría. Igulmente da protección  dos laterais con materias que protexan do frío.
  4. Algúns revisaron as colmeas. No caso de dous de Caban puxeron alzas. Un realizará a duplicación pillando de tres colmeas: dunha cadros con mel, outra cría e do resto abellas.
  5. Coméntase que os cregos debería voltar á cera auténtica nas igrexas.
  6. Un apicultor nesta primaveira porá en marcha: dúas cámaras de cría xuntas, pero separadas e alzas compartidas co obxecto de ver se hai maior producción.


Lembra:

- En marcha fotografías, pincha a sección de apicultura.

 

 


NA XUNTAZA DO 26 DE XANEIRO DE 2009, FALAMOS:

1.- Da desaparición das abellas:

a) Dous casos significativos, unha con boa producción e en setembro con cría e moi poboada. O outro caso igual, pero con toda a mel e con abellas mortas nas celas dun xeito parecido a cando morren de fame.

 

b) Influencia das plantacións do millo, tratamentos sen xeito, cables de enerxía eléctrica, manexo da química para “todo”, uns manifestan que incluso para matar ou queimas a silvas e herbas do redor da casa.

 

2.- Técnicas para recoller polen e conservalo. Vantaxas e inconvenientes para as abellas.

 

3.- Patroa das abelleiras/os

4.- Aproveitamento da madeira e técnicas para os cadros, tería por obxectivo o de facilitar maior comodidade ás pecoreadoras e abellas en xeral.

5.- O portal de internet. Se propón maior información. Igualmente introducir fotos dos asistentes. Queda en aportalas o fotógrafo oficial do grupos en plan voluntario.

6.- Coméntase a información achegada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) á EFA Fonteboa. O Correo apícola di: "Día do apicultor 2009. O sábado 7 de febreiro en Arzúa". Algúns organizáronse para asistir e economizar gastos, igualmente é un xeito de retroalimentar ao grupo. Agradécese aos órganos de AGA a Documentación achegada.

 
Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn