Propóñense obter experiencia asociada ao proxecto educativo das EFAS, particularmente en todo o relativo a: metodoloxía, plans de innovación, participación das empresas e entidades locais na formación profesional dos alumnos, o protagonismo dos antigos alumnos no desenvolvemento local, o nivel de incorporación ao mundo laboral e a implicación da familia. Estes, e outros ámbitos, centraron o seu interese de cara á elaboración do seu proxecto de fin de estudios antes de entrar na universidade.

Con este fin, o equipo docente de A Cancela, preparoulle un programa de acollida durante catro días (do 7 ao 10 de novembro) cheo de traballo e encontros con diferentes representantes do termo municipal das neves e zona de influencia de A Cancela.

A estanza das catro novas estudantes comezou o primeiro día cunha recepción no Concello de Ás Neves sendo recibidas polo alcalde Emilio Castro e por Mª del Carmen Gil, así como pola presidenta da Asocación "Amigos da Loira-Atlántic". Este primeiro día continuou cunha longa sesión de traballo co fin de situarse e intercambiar coñecementos acerca dos sistemas da Formación Profesional en España e Francia. Rematou a xornada cun encontro con grupos de alumnos de A Cancela.

Completaron a estanza os seguintes días con visitas de estudio a:

 

  • Cooperativa do Requeixo de Ás Neves
  • Adega de Rubiós (Ás Neves)
  • Centro de día (Ás Neves)
  • Pycflorga (Tomiño)
  • Federación de EFAS de Galicia (Santiago de Compostela)


Finalmente, significar as mostras de agradecemento pola acollida, destacando o trato recibido tanto por parte do equipo docente, coma do alumnado e das persoas que as atenderon durante a súa estanza aquí, empezando polo Concello de Ás Neves e a Asociación de "Amigos da Loira-Atlántic" como de todas as demais visitas.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn