Concesión do Faro Nerio 2012 á EFA Fonteboa

A asociación Neria otorga cada ano as distincións dos Faros Nerios a persoas e institucións caracterizadas polo apoio e compromiso co desenvolvemento da Costa da Morte.

Cada ano concédense 8 galardóns: 4 no ámbito empresarial, 1 no ámbito turístico, 1 no ámbito deportivo, 1 no ámbito cultural e 1 no ámbito dos servizos sociais.

O recoñecemento a EFA Fonteboa corresponde ao ámbito cultural, entendendo por cultura todas as acción de formación e desenvolvemento que se impulsan dende a EFA radicada en Coristanco pero con proxección e influencia supracomarcal.

A concesión do Faro Nerio é un recoñecemento ao traballo que ser ven desenvolvendo dende a EFA dende 1975, ano de posta en marcha do proxecto.

No ámbito empresarial tamén foi distingida a SAT Langueiron – Finca a Devesa, a explotación gandeira do actual presidente da EFA, Xusto Sanchez Varela. Esta explotación é unha das máis importantes de Galicia en canto a produción e modelo de xestión empresarial.

O acto de entrega dos premiso está previsto que sexa no mes de maio de 2012.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn