Alumnos de Fonteboa gañan o PREMIO RAFAEL DEL PINO

O pasado día 10 de setembro, o xurado da XVIII edición do Premio San Viator de Investigación en Ciencias e Humanidades seleccionou coma gañador do PREMIO RAFAEL DEL PINO A LA CAPACIDAD DE EMPREDER ó traballo presentado Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco.

Neste certame participaron máis de 450 traballos de alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio procedentes de centros públicos e privados de toda España. O premio “RAFAEL DEL PINO A LA CAPACIDAD DE EMPRENDER” patrocinado pola Fundación homónima está destinado o traballo de investigación que fomente e favoreza a formación de emprendedores no ámbito escolar, incentivando a comunicación, o liderazgo, a creatividade, o traballo en equipo, así como a orientación e preparación para a inserción no mundo laboral. 

Os alumnos de 3ºESO de Fonteboa Pablo Javier Cotelo Abarca, Iván Fondo Trigo e Daniel Meyer Porteiro, en colaboración con outros compañeiros de 4º ESO, traballaron durante meses no traballo premiado: “Estudio sobre a creación de emprego en comarcas rurais a través do uso de biomasa para calefacción”. A iniciativa deste traballo de investigación está enmarcado dentro das actividades do Proxecto OPILE.

OPILE é un proxecto da Federación EFA de Galicia (á que pertence Fonteboa) e ADTERRA financiado polo Fondo Social Europeo que ten a misión de fomentalo emprendemento e inserción laboral nos xóvenes rurais. 

O Premio San Viator pretende estimulalo espírito investigador e a creatividade dos estudantes, ofrecer ós profesores a oportunidade de dar un sentido práctico e experimental á súa labor didáctica e contribuír a un maior recoñecemento e respeto das comunidades educativas cara a actividade científica. Está patrocinado polo CSIC, o FECYT, a Fundación Repsol, a Fundación Santander, SIEMENS entre outras empresas e fundacións, xunto con distintas universidades. É dos premios de investigación xuvenil máis importantes de España. 

O acto de entrega de premios terá lugar en Madrid, o próximo día 6 de outubro, sábado, ás 11:00 horas, nun acto académico que será presidido por Dña. Carmen Vela Olmo, Secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación.

Máis información en http://www.colegiosanviator.es/premio/


Video Entrega de Premios

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn