A Subdirectora Xeral de FP, en Fonteboa cos alumnos de Sabor Emprendedor

A Subdirectora Xeral de Formación Profesional, María Eugenia Pérez Fernandez visitou a EFA FONTEBOA para coñecer de primeira man e apoiar institucionalmente o Proxecto SABOR EMPRENDEDOR que están a desenvolver os alumnos de CFGS Xestión e Organización de Empresas Agraria.

Durante a visita os alumnos realizaron una presentación do proxecto emprendedor onde contaron co apoio das empresas colaboradoras da iniciativa.

O director do Centro Luis García realizou unha ponencia sobre o papel da EFA como motor de desenvolvemento do medio onde a EFA se ubica.

Finalmente a Subdirectora Xeral de Formación Profesional clausurou o acto, expoñendo a implicación da Consellería de Educación nos proxectos que promoven o emprendedurismo e a importancia da fisolofía da conquista do emprego nos tempos actuais.

 

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn