Visitas de Estudio a  Industrias Torres e TMC Cancela

A realización das visitas de estudo é unha práctica habitual na EFA de notable interés pedagóxico. Favorece o coñecemento do entorno, permite analizar iniciativas emprendedoras e propicia o descubrimento de novas posibilidades de inserción profesional no medio rural.

O mércores 6 de marzo visitamos, cos alumnos de 3º e 4º de ESO 2 empresas industriais no medio rural: Industrias Torres e TMC Cancela, ambas na parroquia de Anxeriz (Tordoia). En ámbalas dúas analizamos cuestión como as seguintes:

1.Presentación xeral da empresa
2.Historia de TMC Cancela: Desde 1971 a 2013
3.Os investimentos
4.Instalacións
5.As máquinas e os equipamentos
6.As materias primas
7.O proceso produtivo
8.Recursos humáns
9.O mercado
10.Comunicación e marketing
11.Aspectos económicos

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn