Aberto o prazo de matrícula para os cursos de Educación Secundaria para persoas adultas (ESA).

No Centro de Promoción Rural - EFA  Fonteboa iniciase o segundo cuadrimestre, cos cursos ESA (Educación secundaria para persoas adultas), dirixido a persoas maiores de 18 anos, coa finalidade de facilitarlles a adquisición das competencias básicas e a formación necesaria para obter o título de graduado en Secundaria (ESO).

A modalidade de ensino e presencial e semipresencial. As clases de ESA impartiranse de luns a xoves, en horario de 17.45 a 21.45 h. Os cursos comezan o 9 de febreiro.
Este ensino ESA está organizado en tres ámbitos (asignaturas). Cada ámbito consta de catro módulos de contidos: 
Ámbito científico-tecnolóxico 
Céntrase nas materias de matemáticas, ciencias da natureza, tecnoloxías e os aspectos relacionados coa saúde. 

Ámbito de comunicación 
Ten como referente as materias de lingua galega, lingua castelán e literatura;e primeira lingua estranxeira. 

Ámbito social 
As materias son: ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e os aspectos preceptivos correspondentes ás materias de educación plástica, visual e música.
E unha boa oportunidade de retomar os estudos para obter o Graduado, xa que esta ensinanza está adaptada as condiciones y necesidades das personas adultas.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn