Resultados da VII CATA DO MEL na EFA Fonteboa

Palabras Claves

  • Variables de estudo: cor, aroma (olor, arrecendo), sabor e apetece
  • Comarca de Bergantiños, Concello de Coristanco (A Coruña)
  • Cata do mel
  • Amigas/os das abellas
  • Xuntanza de abelleira/os
  • Escala de cores PFUND
  • Exame visual, olfativo e gustativo das mostras.
  • Mostras de direntes abelleiras/os de Coristanco e Bisbarra de Bergantiños.
  • Mel de covos, lacenas e colmeas.

XERAL

A cata organoléptica é realizada entre máis de corenta abelleiras/os da Bisbarra de Bergantriños e redores.

VARIABLES DE ESTUDO

  • Apetece
  • Cor
  • Sabor
  • Arrecendo (olor, aroma)
  • A puntuación é entre 0 – 3
  • Número de catadores 13.
  • A máxima puntuación alcanzable está entre 0 – 156.
  • A puntuación máis alta acadada é de 107
  • A puntuación máis baixa é de 35

OUTROS DATOS DE INTERESE

Hai seis tarros con mel cristalizado, por razóns de tempo entran na cata se distinción entre meles cristalizados e líquidos.

A escala de cores para tódalas mostras está entre 18 e 100 PFUND. O que gaña está entre os 84 e 100 PFUND. O segundo e terceiro está ao redor dos 50 PFUND.

Púxose unha mostra repetida. Dita mostra obtén un punto menos que a compañeira.

RESULTADOS

Gañador: Manuel de Vimianzo con 107 puntos e é a mostra nº 26.

Segungo: Daniel e Álex de Muxía con 101 puntos e coa mostra nº 24.

Terceiro: Jaime de Coristanco con 96 puntos e a mostra nº 5.

A media de tódalas mostras é de 71,8 puntos.

 

Se establecen tres niveis para as mostras:

a) Os gañadores están entre 96 e 107 puntos sobre 156.

b) As mostras que están por riba da media (71,8 puntos), entre > 71,8 e < 96 que son os números 1, 4, 6, 7, 9, 10, 11, 13, 18, 16, 20, 21, 22, 23, 27, 28 e 36

c) As mostras que están por debaixo da media (71,8 puntos), entre > 34 e < 71,8 e son os números ou mostras que faltan.

 

CONCLUSIÓNS

Os meles cristalizados quedan no grupo que está por debaixo da media, polo que unha vez máis a preferencia é para o mel líquido.

As mostra de mel de covo (permapicultura) obteń unha puntuación por debaixo da media, o mel de lacena (permapicultura) obtén unha puntuación de 91 puntos. A mostra de mel ecolóxica: sen tratamentos e cera elaborada polas abellas está ao redor da puntuación media.

O catadores son fiables por realizar case a mesma puntuación a dúas mostras iguais que non coñecían. Elixen o mel escuro (PFUND) ao redor de 100 para o gañador.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn