BANCO DO TEMPO DE ABELLEIROS:

 

Na xuntanza de abelleiros xurde a idea de axudarse a manexar o ordenador. Materialízase en decembro do ano 2009, o obxectivo é que ningunha/ún abelleira/o aínda non sepa manexara o ordenador.

 

Concrétanse tres niveis que son os seguintes:

a) Rudimentos básico en mecanografía. Terá un programa informático.

b) Saber manexar internet para ver a páxina da Efa e todo o vinculado coas abellas.

c) Crear o propio correo electrónico e o seu menexo.

 

Contamos con tres monitores, alumnos de 1º Ciclo Medio en explotación agrarias, D. Javier V., D. Fernado D. e D. Martín F.

 

Un dos asistentes, D. Guillermo, decía que isto non é para el, tíña un pouco de respeto e agora está enganchado á mecanografía e internet apícola.

 

D. Roque vai máis avanzado, pois ten correo electónico e xa tivo tres correos. Agora está a practicar para enviar a algún familiar como sorpresa.

 

Todo isto realízase no na aula de informática que se ubica no Polo de Competencias da Efa Fonteboa.

 

 

 

 

O monitor Martín explicando ós abelleiros o manexo do correo electrónco.

 

 

Os monitores Javier, Martín e Fernado dando instruccións sobre internet e mecanografía.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn