Nesta xuntanza cambiamos a metodoloxía. Tivemos como inivitado a Lolo Andrade como investigador. En vez de falar nosoutos como mestras/res abellairas/os, interrogamos a Lolo.

Algún temas:

  • Bioloxía, vida da vespa velutina e ameazas doutras peores.
  • Trebellos e técnicas para retira unxames de velutinas
  • Produtos naturais e métodos para anular vespas velutinas no seu niño.
  • Técnicas e trebellos para atopar o lugares ideais para asentar unha abellariza.
  • Outros temas colaterais de interese significativo.

Máis de vinte entregaron a mostra do mel para a cata do 23-02-16. Nesta o alumnado da ESO colaborará na organización introducindo o mel en tarros iguais. Se a cantidade é suficiente, realizarán unha ou dúas mostra máis co obxecto de reallizar un expositor e outra para a cata con nenos de centros escolares.
Lembrar que na cata prevista a asistencia é libre con ou sen mostra de mel. Avisar antes.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn