Xaneiro - Xuño de 2011

Cinco  mulleres do grupo de empresarias de ASER que está a dinamizar a Federación EFA Galicia no marco de programa MULLERES CON PROXECTO participaron todos os meses nas xornadas de traballo que está a organizar o programa ANATOLE coa cidade asociada SANTIAGO.

A temática do grupo é a economía de proximidade e en que medida unha cidade pode favorecer a comercialización de productos de calidade.

No encontro transnacional de socios deste proxecto que se celebrou no mes de abril  as empresarias do rural tiveron a oportunidade de expoñer as súas problemáticas e  intercambiar experiencias co persoal técnico que desenvolve o proxecto noutras comunidades autónomas e outros países.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn