30 mozos de sete concellos da provincia de A Coruña rematan a formación profesional no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Todos os rapaces van ter traballo na súa especialidade, que é a xestión de explotacións agrarias. 

O acto de clausura do curso en Fonteboa incluíu o recoñecemento ao traballo realizado durante o presente curso dentro do proxecto Strat Training a prol dun modelo de asesoramento innovador, eficiente e de coproducción entre o gandeiro e o asesor.

O presidente da asociación EFA Fonteboa, Xoan Camafreita, destacou na súa intervención a importancia da formación como elemento para mellorar a competitividade, sobre todo en momentos de crise do sector.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn