O proxecto STRAT TRAINING comenzou no ano 2014 coa participación de institucións de formación, investigación e desenvolvemento de España, Francia, Grecia, Dinamarca e Reino Unido. Ten como obxecto a elaboración de ferramentas eficaces, eficientes e contrastadas, para o apoio a xestión estratéxica das PEMEs do medio rural.

D. Jorge Palacios Estremera, profesor da Escola Politécnica Superior da Universidad de Santiago de Compostela participou na sesión de clausura do proxecto LEONARDO STRAT Trainig que tivo lugar os días 6 e 7 de Xullo do 2015 na sede central das Cámaras de Agricultura de Francia en París. La participación consistiu en expoñer frente o auditorio, a colaboración entre a Federación EFA Galicia, e o grupo de investigación PROePLA no debandito proxecto. Esta colaboración consitste na:

1.- Elaboración, en inglés e castelán, dunha guía pedagóxica coas ferramentas para a formación estratéxica, desenvoltas polo proxecto STRAT Training.

2.- Preparación dun curso básico para a formación complementaria ds alumnos de iEnxeñería Agrícola e Forestal.

 

 

 

 

 

 



Fdo.: Manuel Marey Pérez.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn