Concurso xuvenil de elaboracións “Pan&Queixo”

A EFA Piñeiral no marco das actividades programadas ó abeiro da Festa do Queixo de Arzúa 2018 promove a celebración da primeira edición do  Concurso xuvenil de elaboracións “Pan&Queixo”, concebida como actividade para por en valor a creatividade culinaria da mocidade e as inmensas posibilidades de dous ingredientes tan tradicionais e versátiles como son o Queixo  e o Pan.

O certame, no que poderán participar mozos e mozas de entre 12 e 18 anos,  terá lugar o sábado día 03 de marzo, de 16.00 a 17.30 horas, na EFA Piñeiral (Santa María, Arzúa),  e os tres primeiros clasificados recibirán premios con sabor á mellor música; entradas a concertos, lotes de CDs...etc.

A inscripción e participación é completamente  gratuita e estará aberta ata o día  mércores 28 de febreiro ás 14:00h no mail This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ou no teléfono 981 500 580.

Máis detalles nas seguintes bases (click para descargar).

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn