A EFA Piñeiral conmemora o día internacional da muller rural cunha mesa de experiencias de catro mozas emprendedoras

O centro de formación e promoción rural Efa Piñeiral quixo celebrear hoxe o Día Internacional da Muller Rural cunha mesa coloquio na que, a través de catro experiencias diferentes exemplificadas en catro xoves emprendedoras das comarcas do noso entorno se expuxeran as oportunidades, retos e dificultades coas que laboralmente se enfrontan día a día as mulleres do noso rural.

Marta Rodríguez, de PeraLimonera Lifestyle, ecommerce centrado en textil e zapatos e ubicado en Melide, Susana Aguiar, copropietaria de Kalekoi, empresa lalinense productora de iogures e sobremesas lácteas artesáns, Milagros Martínez, restauradora de bens culturais natural de O Pino, e María Manteiga, copropietaria de Ganadería Manteiga SC e directiva da asociación de xóvenes gandeiros galegos, foron as catro protagonistas da xornada desta tarde en Piñeiral.

Formación para profesionalizarse e formación e paixón para perseguir o soño de vivir do rural
Como denominador común a todas elas, destacar a necesidade de formación, de apostar con paixón e tenacidade polo soño de vivir do rural, e de aprender a valorar e a por en valor os nosos recursos; verdadeiros atractivos da nosa terra que en moitas ocasións se volven invisibles ós nosos ollos.

“A clave do éxito para a muller, pero tamén para o home, no rural pasa por ofrecer ó mercado algo mellor, algo diferente, un valor engadido”, comentaba Susana Aguiar.
Hai que desmitificar aquello de “o que non sirve para outra cousa quédase no rural.Hoxe en día traballar no rural significa tamén traballar pegados a un ordenador, a papeis, documentación…etc. Traballar na ganadaría e ter 30 días de vacacións é posible, pero a pedra angular para levalo a cabo é a formación, a efectividade, a xestión de recursos… comentaba María Manteiga na súa intervención.

Marta Rodríguez rematou a súa intervención aconsellando ó alumnado non só en esmerarse na súa formación senón tamén en “adoptar actitudes proactivas e interese polo seu redor; o mundo é para as mulleres e os homes con gañas de facer, ter esa condición xa é un garante de emprego”.

Preguntadas polos retos que á muller rural lle deparan os novos tempos, todas as ponentes coinciden en seguir traballando arreo, visibilizarse, non deixar de formarse e cooperar para facer dos nosos recursos un xeito de vida, e polo tanto de dinamización dos nosos territorios e freno da despoboación.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn