PIMUS

Diputación de A Coruña


O proxecto pretende apoiar o emprendemento e a inserción laboral dun colectivo de mulleres de zonas rurais desfavorecidas da provincia da Coruña, en concreto das bisbarras rurais da Costa da Morte, Ordes e Arzúa - Terra de Melide.

O proxecto contempla como elementos clave:

1. A dinamización e tutorización ata o lanzamento da iniciativa empresarial, no marco dun proceso de seguimento continuo e atención personalizada segundo as demandas das destinatarias.

2. A formación:

  • Específica para a homologación das competencias profesionais e a súa acreditación.
  • TIC para a xestión do traballo na empresa: deseño e desenvolvemento dunha aplicación de software de xestión adaptada ás características da iniciativa
  • Formación en centros de traballo a través de convenios de colaboración. Prácticas profesionais non laborais.

3. Asesoramento nos itinerarios de inserción:

  • Para emprender a iniciativa empresarial: constitución da empresa, análise do mercado, mercadotecnia, xestión financeira, etc.
  • Para integrarse como persoal traballador nas empresas con presenza no territorio Seguindo este proceso, o proxecto prevé como resultado final a inserción profesional dun grupo de emprendedoras nas áreas rurais de Galicia, pero tamén a creación dun servizo para atención ás persoas que permita dar solucións ás demandas da poboación, polo tanto favorece o arraigamento desta no territorio á vez de favorecer a súa atractividade para a instalación de novas xeracións. Formúlase pois, un modelo de creación de emprego transferible a calquera área rural doutros territorios.

Obxectivos:

  • Apoiar o emprendemento e a inserción laboral dun colectivo de mulleres de bisbarras rurais desfavorecidas da provincia da Coruña
  • Tutorizar ás destinatarias nos seus itinerarios de inserción durante todo o proxecto
  • Explorar o territorio para descubrir as oportunida-des de emprego neste sector e definir a iniciativa emprendedora e deseñar
  • Deseñar e incorporar procedementos innovadores (TIC) e Impartir formación específica para o desenvolvemento da iniciativa emprendedora
  • Difundir e valorizar os resultados para a súa transferibilidade

Proxecto Financiado por:

 

NOVAS PIMUS

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn