“OS ESCOLARES APRENDEN A FACER PAN E ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA”

Descargar Folleto Informativo (.pdf)

Asociación EFA A CANCELA leva a cabo  nestes días, no obradoiro de Panadería e Pastelería do seu centro educativo de Formación Profesional, unhas xornadas dirixidas a alumnado de Educación Primaria da comarca Condado -  Paradanta, co obxectivo de dar a coñecer os ingredentes e o proceso de elaboración do pan, así como as súas propiedades e beneficios.

Os escolares teñen a oportunidade de coñecer como se elabora artesanalmente o pan de forma práctica, unha actividade ésta na que participan activamente e con entusiasmo en tódalas fases do proceso. Ademáis, levan os panciños que eles mesmos elaboran.

Noutra actividade traballaron cunha aplicación informática sobre a Nutrición equilibrada. Nela, os rapaces descubriron na súa dieta os beneficios que aporta o consumo do pan :”os nenos que comen habitualmente pan teñen mayor rendemento no colexio”.

E, finalmente, houbo unha charla sobre a Actividade Física e deporte, da que se encargaron especialistas do mundo do deporte. Tanto nesta, coma na outra actividade, s destacouse que o sedentarismo é o culpable de sobrepeso. E, asimesmo, suliñáronse trucos para mellorar a nutrición .


Asociación EFA A Cancela
Tortoreos s/n
36440. As Neves
Pontevedra
986648250
This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
www.acancela.es
www.efagalicia.org

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn