O Concello das Neves, que preside o Alcalde Raúl Emilio Castro, solicitou a EFA A Cancela empregar as instalacións, así como os medios persoais e materiais deste Centro para a impartición dun monográfico práctico do “Requeixo e Mel”, con motivo da XX Xornada da Festa do Requeixo e Mel, que se celebrará nas Neves do 15 ó 20 de abril de 2011.

 

 

A Xornada celebrarase o luns día 18 as 17,30 horas, e está dirixida a a tódalas persoas interesadas no arte da boa cociña do Concello de As Neves, e da comarca Condado-Paradanta, co obxectivo de dar a coñecer o Requeixo das Neves, produto estrela da gastronomía desta zona, tan rica en calidade dos produtos, viños, mel, lamprea, millo… A aposta dos profesionais da EFA neste Curso non e outra que a maridaxe do requeixo con todos eles, asegurando uns bocados, orixinais, agradecidos, e cheos de cor a viño de Rubiós, que contrasta coa acidez do requeixo que nace da mellor leite destes paraxes.

O curso será impartido por Esther Juan Salvadores, e entregaranse un material das receitas elaboradas. Na degustación presentarase unha variedade de pratos e un menú completo con requeixo, que poderá ser desgustado por tódolos participantes.

Stand da EFA

A EFA aproveitará este evento para promocionar os estudos que se imparten no Centro para o vindeiro curso. O día 22 un stand no propio Centro informará dos mesmos e distribuirase material publicitario acerca da oferta formativa da EFA. Así mesmo as alumnas do Ciclo de Panificación farán unha demostración artesán dos usos do chocolate e elaboración de doces.

 

Descargar Folleto das Xornadas

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn