O pasado 10, 11 e 12 de Maio tiveron lugar as III Xornadas profesionais FRUTART de técnicas de decoración con azucre e froitas no centro educativo de EFA A Cancela, de As Neves por terceiro ano consecutivo.


Estas xornadas contaron coa presencia de dous campeóns de Europa e do mundo en decoración. Judith Comes, especialista en técnica de talla china e galardonada co título de campeona mundial do 2009 en dita especialidade e Gerard Barsé, campeón de Eurpoa de Azucre soplado.

 

As xornadas deron comezo cos cursos de talla e escultura de froitas e verduras impartidos por Judith Comes. Alumnos e restauradores da zona, recibiron leccións de talla que fusiona técnicas chinas, tailandesas e occidentais. Eles mesmos practicaron con manzanas, berenxena, pepino ou laranxa china.


Mestre europeo
Para Gerard Barsé, Galicia e Cataluña son as súas únicas paradas es España .O francés leva cinco anos traballando no azucre soplado e xa está considerado un dos mellores do mundo. Está técnica non é moi coñecida en España, posto que non hai moitos profesionais que dominen esta arte.

 

Crear unha peza complexa pode requerir ata trinta horas. Máis de seis horas de traballo fixeron falta neste caso, para rematar a montaxe da escultura dunha das obras do artista ambientada nos océanos, baixo a atenta mirada dos participantes. Segundo explicou Barsé, o maior enemigo da azucre nesta técnica de decoración é a humedade e o aire, por iso as pezas deben gardarse en vitrinas.


A clase maxistral rematou o día 12, pero debido á expectación levantada, o maestro francés repetiu ó día seguinte cunha sesión de pans italianos, franceses e repostería como guinda final da semana.

 

Despois de As Neves, ambos profesores viaxaron a Qatar para continuar impartindo clase.

 



Prensa:

Arte con frutas y azucar (Faro de Vigo) (online) - Descargar PDF
As Neves testigo de que fruta y azucar son arte (Faro de Vigo) (pdf)
Azucar transformado en Arte (La Voz de Galicia) con video (online)   -   Descargar PDF

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn