Encontro Antigas Alumnas

O sábado, 10 de marzo, máis de medio centenar de exalumnas encontráronse nas instalacións do centro, tanto dos distintos ciclos formativos coma da antiga formación profesional.

O centro con este encontro tiña, entre outros, dous obxectivos:

  • Informar das actividades, cursos e iniciativas que se están a levar a cabo por parte do colexio e, 
  • Actualizar datos informativos de interese, por exemplo a situación laboral en que se encontran actualmente.

Referente ao último punto, a pesar da crise, a EFA ten un interese especial na actualización e movemento da súa BOLSA DE TRABALLO e inserción laboral do seu alumnado.

A EFA quere ser un punto de referencia de animación e de encontro para as antigas alumnas xa que son as protagonistas, por iso tamén se recollereron por escrito unha serie de temas formativos que se lles poidan ofrecer dende a escola, por exemplo temas laborais, temas de orientación familiar e outros (curso de manipulador, informática…).

Por suposto tamén, foi de gran interese o reencontro; contando anécdotas pasadas e historias moi emocionantes, para rematar cunha pequena degustación elaborada polo Ciclo medio de Panadería, Repostería e Confitería.



Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn