O pasado día 14 de xuño celebrouse no Auditorio "Vázquez Portomeñe" (Salón de actos do Concello de As Neves), a clausura de curso do Centro de Formación Profesional "A Cancela". Asistiron ao acto, entre outros, a Directora Xeral de Turismo, Dona Nava Castro e os Alcaldes da zona comarcal "A Paradanta - Baixo Miño". O acto foi presidido polo alcalde da localidade de As Neves, Raúl Emilio Castro.

Os actos consistiron en intervencións das autoridades, dunha alumna e da directora do centro, incidindo sobre todo no tema do emprego, a profesionalidade do alumnado que se gradua, e a necesidade de educar en valores para que a sociedade progrese. Interviu tamén un empresario, (Empresa Darlin) tras a cal se realizou a proxeción dun video sobre as actividades realizadas durante o curso. Para finalizar o acto, a Directora do Centro dirixiu palabras de apoio e ánimo aos que se graduan. A Clausura tivo lugar coas palabras da Directora Xeral de Turismo, Dona Nava Castro, que destacou na súa intervención a labor que se está a realizar dende esta Escola de Promoción do Medio Rural.

Para finalizar, serviuse un aperitivo-buffet nas instalacións do Centro elaborado polo alumnado do Ciclo de Repostaría, Pastalería e Panadaría.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn