Utilizamos cookies propias e de terceiros para ofrecerlle produtos e servizos adecuados ao seu perfil. A base do tratamento é o consentimento, salvo no caso de cookies técnicas, imprescindibles para poder navegar.  Pode consultar os datos de contacto do titular da web e responsable do tratamento no Aviso legal. Pode acceder á nosa Política de cookies para obter máis información sobre o seu uso e a súa xestión na nosa web.

 

 

: Irlanda, tamén coñecida como Eire ou República de Irlanda é membro da Unión Europea. Ten fronteira con Irlanda do Norte que quixo manter a súa unión co Reino Unido, a diferencia do resto de Irlanda que se converteu nunha República (Michael D.Higgins é o actual presidente), gañando a independencia do Reino Unido no ano 1922.

 

VIAXE DE ESTUDOS A IRLANDA

INTRODUCCIÓN e OBXECTIVOS DA VIAXE


- Na EFA Cancela estamos a desenvolver un Programa de Inmersión Lingüística en Países Estranxeiros co obxectivo de que os nosos alumnos practiquen in situ o Idioma Universal, que é o Inglés
- É importante tamén que os alumnos abran a súa mentalidade e vexan que moi preto de onde viven existen outras posibilidades de obter traballo, outras culturas e vivencias que están ó alcance de todos.

Impulsados con estes dous obxectivos principais, nesta segunda viaxe o destino elixido foi o IRLANDA, concretamente…..DUBLÍN.

Antes de nada imos facer un pequeno análise deste fermoso país.

Descrición: Irlanda, tamén coñecida como Eire ou República de Irlanda é membro da Unión Europea. Ten fronteira con Irlanda do Norte que quixo manter a súa unión co Reino Unido, a diferencia do resto de Irlanda que se converteu nunha República (Michael D.Higgins é o actual presidente), gañando a independencia do Reino Unido no ano 1922.

Superficie: A superficie da illa é de 84.421 km², dos cales un 83% (aprox. cinco sextos) pertencen á República (70 280 km²) e o resto constitúen Irlanda del Norte. Está dividida en 4 provincias e 26 condados.

Capital: Dublín.

Moeda: Euro.

Famosos Irlandeses:

Escritores: Oscar Wilde, Jonathan Swift, Samuel Beckett, George B. Shaw ou o autor de Drácula, Bram Stoker.

Actores: Pierce Brosnan, Peter O’tool, ...

Cantantes: Sinnead O’Connor, U2.

Moitas películas famosas rodáronse aquí: “El señor de los Anillos”, “Braveheart”.

Deportes: Hurling, Fútbol Gaélico e Rugby.

 


MEMORIA DA VIAXE A DUBLÍN

A viaxe realizouse no 2º trimestre como parte complementaria ó módulo de Inglés. Tivo lugar do 13 ó 20 de abril.

Os alumnos recibiron un curso nunha prestixiosa Escola dublinesa, ISI Dublín. O curso tivo unha duración de 15 horas. As clases foron dinámicas e divertidas nas que se practicou sobre todo, o aspecto oral.

Ó final das clases os alumnos recibiron un Diploma Acreditativo Final.

Tódolos días realizamos visitas guiadas en inglés, xa que o propósito principal da viaxe é que os alumnos realizaran unha auténtica inmersión lingüística.

1. No primeiro día de chegada, o luns día 13 pola tarde , realizamos un “walking tour” polo centro de Dublín no que fixemos un recoñecemento xeral da estructura da cidade, coñecendo os principais monumentos e rúas da cidade: Temple Bar, zona Medieval, Grafton Streer, O’Connel street, Henry st,....
2. No segundo día, martes 14, ó rematar as clases a nosa primeira visita foi o Museo de Historia Natural (National History Museum). Expón más de 10.000 especies disecadas tanto de fauna local como do resto do mundo.
3. No terceiro día, a visita guiada foi á Prisión de Dublín. A antiga prisión de Kilmainham (Kilmainham Gaol), inaugurada en 1796, foi morada de moitos dos personaxes implicados na loita pola independencia de Irlanda durante máis de 100 anos.

Hoxe pódense ver as celdas e as zonas comúns que permaneceron impasibles ante as innumerables execucións.

Ó principio da visita visionamos un vídeo explicativo da historia desta prisión.

A continuación, a Fábrica Guinness (Guinness Storehouse).

Avanzando cara ao interior do almacén pode considerarse unha rechamante exposición sobre os catro ingredientes que compoñen a cervexa. Simplemente auga, lúpulo, cebada e fermento combinados á perfección son capaces de conseguir un sabor tan especial.

Na primeira planta a audio-guía acompaña aos visitantes a través do proceso de elaboración da cervexa. Unha gran sala contén a antiga maquinaria que se utilizaba na fábrica: un muíño, un torrador, un alambique e barrís xigantes de madeira.
Continúa a exposición ata a 5ª planta onde pódese degustar esta famosa cervexa, que xa é símbolo nacional de Irlanda, así como gozar das impresionantes vistas da cidade.

4. O día 16, ó remate das clases a nosa visita foi ó Castelo de Dublín (Dublín castle).

Antigamente utilizado como lugar de asentamento dos vikingos, fortaleza militar, residencia real, sede do Tribunal de Xustiza Irlandés, e sede da Administración Inglesa en Irlanda, o Castelo de Dublín é utilizado hoxe en día como lugar para a celebración das recepcións estatais.

Durante o percorrido polos apartamentos reais, visítanse a Sala de James Connolly, o Salón Granard, as habitacións do Rei e a Raíña, e o Salón do Trono.
Despois da visita ó interior do castelo se cambia de escenario para coñecer algúns aspectos da cidade no século X, na Torre da Pólvora. Na bóveda subterránea pódese viaxar a través do tempo para contemplar os restos do que un día foron as adoquinadas rúas da cidade.

Erixida en honor do patrón de Irlanda, a Catedral de San Patricio (St. Patrick's Cathedral), a nosa seguinte visita, é unha das dúas catedrais pertencentes á Igrexa de Irlanda, xunto coa Catedral Christ Church.

A catedral, que constitúe a maior igrexa de Irlanda, foi erixida xunto a un pozo no que San Patricio bautizou os conversos arredor do ano 450.

5. O venres 17, ó remate das clases , fixemos o percorrido polo parque máis grande de Europa: Phoenix Park.
Con máis de 700 hectáreas de extensión, o Parque Fénix (Phoenix Park) é o parque urbano máis grande de Europa. Foi creado en 1662 como reserva de cervos e en 1745 remodelouse para abrir as súas portas ao público.

Poñendo atención ás zonas máis boscosas, é posible encontrar multitude de familias de cervos que aínda utilizan o parque como morada.

Nel puidemos observar o Memorial ó Duque de Wellington, a Embaixada Americana ou a Residencia de Michael D. Higgins, actual presidente de Irlanda.

A fin de semana foi reservada para 2 excursións pola Irlanda costeira e rural.

O sábado visitamos o pobo costeiro de Howth. Esta zona protexida está habitada por diversas especies de aves en vías de extinción.

Foi posible divisar dende a bahía de Dublín ata as montañas de Wicklow.

Visitamos un pequeno mercado onde degustamos diferentes peixes típicos da zona como o salmón, o bacallau ou o abadexo (fish and chips).

6. O domingo 19, cruzamos Irlanda da costa Este cara á costa Oeste para coñecer un dos paisaxes máis impresionantes de Irlanda: Os Acantilados de Moher (Cliffs of Moher). Os acantilados teñen unhas dimensións de 8 quilómetros de lonxitude e ata 210 metros de altura. Neste hábitat abundan aves como o corvo mariño.

Outras visitas realizadas foron a Dublinia (Museo interactivo da Hª de Irlanda), o Xardín Botánico (Botanic Gardens), Destilería Jameson (Jameson Distillery), o Concello (City Hall), Custom House (Aduanas), ou Trinity College.
O viaxe foi moi intenso e aproveitado polos alumnos que prometeron volver.

 

 

 

 
Erasmus

Coñece toda a oferta formativa das EFAs de Galicia

Oferta Formativa

Investigación, desarrollo e innovación no medio rural

Title Text

Impacto Local

Title Text

Internacionalización e Medio Rural

Title Text

Muller Rural

Title Text

Voluntariado e Cooperación

Title Text

colaboradores1

colaboradores2

colaboradores3

colaboradores4

Polo