O Acto estivo coordinado pola Presidenta e a Vicepresidenta de ASER; Minia Varela e Raquel Carregal, no que presentaron as actividades que teñen previstas para o segundo semestre ano, nas que destacan:

 

  • Elaboración de un dossier das empresas de cada unha das socias

  • Creación de obradoiros de comunicación, como base para o intercambio de experiencias

  • Constitución de grupos de traballo sectoriais, para o fomento da cooperación interempresas
Aser 2

 

Panel de experiencias

 

Aproveitando a xuntanza, e dentro da estratexia global da asociación “papel da empresaria rural no desenvolvemento do territorio”, celebrouse un “panel de experiencias”, baixo o título “Aspectos a ter en conta na empresa en épocas difíciles”, no que participaron como poñentes os membros da asociación Seniors Españoles para Cooperación Técnica (SECOT); Carmen Hermano, Joaquín Gallego e Paco García, que abordaron distintos aspectos a ter presentes en calquera empresa en

épocas dominadas pola crise económica, tal e como ocorre nestes momentos. Entre outros remarcaron como aspectos de especial atención e estudio:

 

  • A observación do entorno competitivo para a detención de novas oportunidades

  • A importancia do fomento da cooperación empresarial

  • Vantaxes das pequenas empresas fronte as grandes.

A Xornada resultou todo u éxito, tanto pola afluencia de asistentes, como polo interese e o contido da mesa de experiencias, tal e como quedou manifestado no largo coloquio seguido a intervención de cada un dos poñentes

 

Unha asociación para a promoción da empresa e da muller rural

 

ASER e unha asociación recente, pero moi viva e con afán progresivo de crecemento no medio rural. Centra a súa actividade e razón de ser nun dobre obxectivo: a promoción e o desenvolvemento da muller empresaria no rural, e como consecuencia, a súa contribución o desenvolvemento do territorio o que pertencen, e no que queren converterse en principais actoras de desenvolvemento e dinamismo empresarial.

Entre os seus fines fundacionais destacan entre outros como obxectivos específicos:

 

  • Atender as necesidades de formación e capacidade das empresarias

  • Promover a cooperación interempresarial e o intercambio de información e experiencias

  • Fomentar a participación das empresarias rurais. Facerse visibles

  • Servir de referente para outras mulleres no fomento do emprendurismo e a permanencia no rural como espacio de vida de desenvolvemento social e profesional.

 

Mulleres con proxecto

 

Desde a Federación de EFA de Galicia, vemos con satisfacción a marcha de ASER, xa que que ven a dar contido e desenvolver a estratexia que desde hai 5 anos púxose en marcha desde Federación denominada “Mulleres con proxecto”, que ten como eixos de intervención “contar mais” e “contar mellor” coa muller no medio rural. Esta asociación ve a completar xa outras creadas nesta estratexia como son ADAMA e A PONDEROSA.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn