Preto de 250 persoas asistiron ó pasado día 4 de xuño a clausura do curso 2009-2010 do Centro de Promoción Rural – EFA Piñeiral

Comité Xestor, familias, colaboradores e amigos acompañaron as 48  alumnas que completaron este curso os estudos nos cilos de Comercio,  Coidados Auxiliares de Enfermería, Panadería – Pasteleria  e Xestión Comercial e Marketing.

As alumnas sentíronse especialmente agraciadas pola presencia de numerosos representantes de concellos, convidados por elas mesmas para que estiveran presentes neste día tan sinalado.

Deste xeito os alcaldes de Arzúa, Zas, Mesía, Tordoia, Curtis, Santa Comba e a Alcaldesa de Vilasantar, no dubidaron á hora de aceptar e acudir a esta cita para participar activamente nos actos desenvolvidos, sendo os encargados da entrega dos diplomas.

Os actos comezaron coa intervención do vicepresidente da asociación Cesar Ayude, que dou a benvida os asistentes e presentou os principais eventos celebrados no presente curso, para continuar interviu,  José Mª Alvarez, de Fundesar, que recordou a todos os fins da Fundación en favor das EFA de Galicia e agradeceu ós distintos patronos  a súa desinteresada colaboración con ésta. A directora do centro educativo, Mª Teresa de Pablo Hermida fixo un percorrido sobre as horas boas que pasou o alumnado no centro; rematou este apartado do acto Rocio Agra Baleato, antigua alumna e representante da asociación expoñendo as actividades mais destacadas do grupo neste curso.

De seguido as alumnas, Lorena de CAE, Mayte de PREC, Lidia  de Comercio e Patricia de Xestión Comercial deron  un repaso as distintas actividades desenvolvidas ao longo do curso, na que destacaron “os centros de interese”, as “visitas de estudo”, as “tertulias, charlas e conferencias de contido técnico, profesional e cultural”,  e a  participación en actos de carácter solidario e de voluntariado.

Tamén se quixo destacar neste acto outras actividades que son complementarias ó centro educativo pero que dan vida á institución. Nesta mesa participaron Carmen González, empresaria colaboradora, que destacou a importancia da formación nas empresas do alumnado; Minia Varela, presidenta de ASER (Asociación de Empresarias Rurais), agradeceu a EFA o apoio formativo para as empresarias da asociación; Ana Sánchez, como nai de alumna,  falou do da traxectoria  do  aprendizaxe da súa filla o longo do curso. E, Cristina Pardiñas, alumna que viveo na Residencia de Piñeiral, contou a súa experiencia nun internado e o valor que supuxo para ela a volta os estudios.

A continuación, douse paso a entrega de diplomas, na que como se indicou foi protagonizada polos representantes políticos dos concellos os que tamén os acompañaron a directora de PIÑEIRAL e o presidente da Federación EFA de Galicia.

Para rematar o presidente  da Federación EFA Galicia, Gabriel Tirapu Díaz fixo unha recensión das distintas intervencións enlazándoas cos principais obxectivos da institución, felicitou as alumnas e as súas familias, agradeceu a o equipo de monitoras e Comité Xestor o seu traballo neste curso.

Clausurou o acto o  Alcalde de Arzúa, Xaquín García Couso que complementou os parabéns a todas as persoas que asistiron ó acto e recordou as alumnas o seu compromiso coa sociedade unha vez rematados os estudos, animounas a vencer os atrancos do mercado actual de traballo, e dou  por clausurado o curso 2009-2010.

 




Pinchar para agrandar

Download
Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn