A iniciativa Centro Comercial PIÑEIRAL,  inaugurada fai tres anos, está a formar parte fundamental da aprendizaxe do alumnado, entre as tarefas desenvolvidas nel están:

  • Elección  dos establecementos que conforman o centro comercial.
  • Deseño da planta comercial.
  • Aprovisonamento dos produtos para a súa posterior venda.
  • Montaxe dos escaparates.
  • Simulacións de compras, vendas, devolucións, reclamacións, ...
  • Cambios de tempada.
  • Ofertas – rebaixas – promocions – ...


A actividade estrela deste mes tiña como obxectivo a dinamización do centro Comercial. Por en marcha técnicas para fomentar a visita a un centro comercial de diferente público. Para elo e, con motivo do antroido,  organizaron un concurso de disfraces.
Cada persoa do ciclo tiña a súa responsabilidade, de feito tiveron varias reunións de traballo na que se abordaron:

  • a organización e o deseño do local para este tipo de actos,
  • a publicidade e difusión do evento
  • os premios e a súa cuantía,
  • o xurado,
  • a cartelística, a iluminación , ...


Participaron no evento o redor de 100 persoas das que unha gran maioría estaban disfrazadas.

A actividade durou aproximadamente 3 horas nas que todos os participantes se divertiron e o mais importante e que conseguiron que o alumnado de comercio se sentira protagonista polo éxito que tivo este acto.



Fotografías de parte dos premiados.

 


Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn