Con unha doble finalidade por un lado:
- Visibilizar o traballo das mulleres na educación e formación dos fillos e,
- Motivar e implicar en actividades e na participación social a mulleres mais novas.
Interviron na mesa:
Nati Porto, nai de familia, empresaria e traballadora falou sobre o papel da muller na familia e na educación dos fillos e da dificultade de compaxinar a actividade profesional coa dedicación que supón a vida familiar.
As mulleres, necesitan unha motivación especial para poder desenvolver as duas funcións que normalmente asumen (nai e traballadora)
Animou ó alumnado a valorar o esforzo que fan as mulleres, tomar a decisión de promocionarse profesionalmente ou adicarse por uns anos a formación dos fillos é moi difícil na sociedade na que vivimos. Si a opción foi a formación dos fillos, cando queres incorporarte de novo o mercado laboral, tes moitas mais dificultades.
O apoio da familia e do exemplo doutras mulleres fai que moitas delas poidan superar estes atrancos.
Ángeles Sánchez, nai de familia, empresaria e presidenta da asociación de mulleres rurais “A Maristela” expuxo a problemática que teñen as mulleres do entorno rural.
Incideo en como a implicación nunha asociación favorece a promoción e desenvolvemento das persoas.
Comentou a satisfación que supón o ver que mulleres que nunca participaron en nada, como a través de diferentes actividades que organiza a súa asociación, melloran a súa autoestima, fórmanse, relaciónanse, intercambian experiencias e descubren novas oportunidades nas zonas onde viven.
Animou, tamén ó alumnado a implicarse activamente na sociedade na que viven, así poderán dicir que participan na creación dun mundo mellor e que serán mais felices.