Proxecto "OPILE" na EFA Piñeiral

No mes de xaneiro, o alumnado do Centro de Promoción Rural PIÑEIRAL,  que está a participar no  proxecto OPILE,  analizou a presencia do autoemprego nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Ordes.

Entre as actividades que desenvolveron paralelas a súa cualificación profesional,  para profundizar neste  tema destacan:

  • Os traballos de campo realizados en colaboración cos emprendedores das diferentes zonas de procedencia do alumnado e  cos responsables de emprego dos concellos.
  • Cos emprendedores   analizaron os motivos que inicialmente tiveron para crear o seu propio emprego, as dificultades coas que se atoparon no inicio e a maneira que tiveron de superalas, os recursos que puxeron en valor para sacar adiante o negocio,  cómo lles afecta a situación actual e de qué maneira a afrontan.
  • Cos responsables de emprego dos concellos estiveron a falar da situación en xeral do autoemprego no municipio comparandoa con outras épocas e tamén en qué medida dende as administracións locais se apoian ás persoas que queren crear o seu propio emprego.
  • As visitas técnicas á zona de Guitiriz  para coñecer iniciativas de emprego e autoemprego neste concello. Entre os empresarios que colaboraron na acollida do alumnado, destacar  o que elabora as tortas de millo, que explicou a súa iniciativa dende os inicios e como se adapta ós cambios que se producen na sociedade.
  • As tertulias técnicas  con diferentes persoas que crearon emprego. Ángeles Sánchez, emprendedora de Sobrado dos Monxes contoulles toda a súa experiencia na creación de diferentes iniciativas que acometeu dende que rematou os seus estudios en PIÑEIRAL, insisteu na importancia do aproveitamento dos recursos dos territorios rurais para a creación de emprego e tamén no  valor da  diversificación de actividades  en calquera empresa.
  • Os  traballos en grupo, nos que se analizaron diferentes experiencias do  Observatorio da Innovación  e do Fondo Documental do proxecto e apropíaronse de ideas.
  • A  visualización de experiencias  innovadoras no entorno rural, destacan as experiencias que contemplan o  aproveitamento de recursos e competencias que posuían as persoas que desenvolvían as iniciativas.
  • O  estudio e a  análise de documentación  relacionada co desenvolvemento local. A documentación pertence tamén ó Fondo Documental do proxecto e traballáronse os seguintes documentos:
    • “La creación de pequeñas empresas como estrategia más sólida para crear empleos”
    • “El medio rural como escenario previlegiado de desarrollo”

Na primeira semana do mes de febreiro rematarase o tema coas conclusión finais e acometeranse as seguintes unidades didácticas da FASE I

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn