OPILE na EFA Piñeiral

O proxecto de innovación educativa que  está a desenvolver o alumnado do CS Xestión Comercial e Marketing e o CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría, sigue a implementar as diferentes actividades programadas para acadar o obxectivo de mellorar a inserción laboral dos mozos e mozas que están cursando formación profesional no sistema educativo.

Esta semana, fixéronse as conclusións dos traballos realizados sobre a temática do autoemprego nas diferentes comarcas de procedencia do alumnado. Entre os puntos que se aboradaron para elaborar as  conclusións destacar:

  • O perfil dos emprendedores/as
  • Os motivos que os levaron a emprender
  • As dificultades coas que se atoparon, como as superaron e como se adaptaron os cambios.
  • As consecuencias deste emprendemento para o entorno e a nivel persoal

Do perfil dos emprendedores, destacar que dos mais de cincuenta contactos que estiveron a realizar, a gran maioría deles eran persoas xóvenes e mulleres sobre todo.As motivacións para emprender, unha porcentaxe elavada foi a necesidade ainda que tamén os coñecementos e os recursos cos que contaban. Coa dificultade mais grande coa que se atoparon cando comezaron foi a da financiación, acudiron á familiares e para adaptarse ós cambios e á crise, adícanlle máis horas ó negocio.A nivel persoal, ainda que se atopan con dificultades a experiencia é positiva, melloraron  a súa autoestima, concilian mellor a vida familiar e profesional; moitas emprendedoras sobre todo, poideron criar  ós fillos e coidar mellor ós maiores.Para o territorio, supuxo en xeral un mellor aproveitamento dos recursos, unha mellora da calidade de vida, asentamento de persoas novas, ...

Tamén destacar á conclusión a que chegaron todos os grupos en relación a importancia que ten o exemplo dos diferentes actores locais nunha zona, o seu papel supón un apoio e un acompañamento para calquera persoa que decida emprender, a súa ilusión pola actividade que desenvolven, o seu coñecemento dos territoriose súa implicación neles fai que sexan un recurso daz zonas onde viven.

En relación o traballo que desenvolven os técnicos de emprego nos territorios dos participantes, chegouse a conclusión que tería que ser un papel máis activo, de coñecemento dos recursos, das necesidades e das potencialidades para así poder orientar dunha maneira máis eficaz ás persoas que queren emprender por unha banda e pola outra as persoas que están buscando emprego.



Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn