Actividades do OPILE na EFA Piñeiral

O mércores 15 de febreiro, o alumnado de Piñeiral que está a participar no proxecto innovación na Formación Profesional do Sistema Educativo, na modalidade de “Calidade e Excelencia na Formación Profesional do Sistema Educativo” e na línea temática “Mellora de Inserción Laboral do Alumnado da Formación Profesional” estiveron a traballar co equipo técnico de GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) Ulla Tambre Mandeo.

A actividade tiña dous obxectivos:Familiarizar ós participantes co traballo que están a desenvolver os GDRs en Galicia  e,Coñecer a metodoloxía de actuación imprescindible para conseguir a implicación e participación de toda a cidadanía para acadar resultados positivos no desenvolvemento dos territorios rurais.

O alumnado nun primeira parte da actividade, traballando por grupos, fixeron unha diagnose do territorio, logo deseñaron unha estratexia e definiron as actuacións a desenvolver para poder executala.

Na segunda parte da sesión de traballo, o equipo técnico do GDR, explicou o que son os fondos Leader e como apoian o desenvolvemento das territorios rurais. Partiron da experiencia que supuxo para o desenvolvemento da zona de actuación da EFA  o  Leader de Portodemouros, os proxectos que se financiaron nas comarcas a través destes fondos e tamén os que se están a desenvolver dende esta nova convocatoria.

Animaron ós participantes a implicarse no tecido asociativo das zonas de procedencia para poder participar dende estas institucións na toma de dexisións.

Queda pendente outra sesión de traballo cos responsables do GDR para cando o alumnado remate a primeira fase do proxecto Opile nela perfilarán con mais detalle as actuacións a desenvolver nas comarcas de Arzúa – Terra de Melide – Ordes.

Ver nova GDR...


Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn