Acto de Clausura de Curso no Centro EFA Piñeira

O venres, 1 de xuño, tivo lugar o Acto de Clausura do curso 2011-12 no Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa.

O acto foi presidido por D. César Ayude Varela, Presidente da Asociación de familias de Piñeiral e clausurado por D. José Luis García López, alcalde de Arzúa.

As primeiras intervencións foron as dos representantes do Centro:

Tras as palabras de benvida de D. César Ayude Varela, disertou Dª Yolande Segade como representante da sección xuvenil da Asociación. En ambos casos fixeron unha síntese das actividades desenvolvidas e animaron aos presentes a seguir participando activamente.

  • Mª Jesús Montero Pardo, en representación de Fundesar, que renovou o compromiso de dita Fundación coas institucións EFA’s na procura de recursos e medios para facilitar a formación dos que se achegan a estes centros.
  • Mª Teresa de Pablo Hermida, Directora do Centro, que expuso as valoracións do equipo docente sobre o curso académico a clausurar e agasallou ao alumnado cun vídeo de fotografías que recollía os momentos máis especiais do curso.

A segunda tanda de intervencións estivo composta por representantes do alumnado. A Eles correspondeulles resumir as actividades técnicas máis importante do curso, e amenizaron o seu relato con algunhas anécdotas simpáticas, reais como a vida mesma, e que poñían cor ao aprendido.

 Finalmente, interviron os empresarios. Nesta ocasión, as 186 empresas que colaboraron con Piñeiral neste curso académico que finaliza, estiveron representados nas intervencións de

  • D. Javier Lage Vázquez de Confecciones Lage en Arzúa
  • Ana Mª Rodríguez de tenda Mis Zapatos en Arzúa
  • Gemma López , de Residencia “Os Tercios” de Touro
  • Cristina Varela, odontóloga, de Arca
  • Susana Mato en representación de Geriatros de A Coruña
  • Sandra Roca, como representante do Hospital S. Rafael de A Coruña.

Finalizadas as intervencións, pasouse á entrega de diplomas aos alumnos e alumnas que remataban estudos dos ciclos de Comercio, Coidados auxiliares de enfermaría, Panadaría, repostaría e confeitaría e Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marqueting.

Noraboa a todo o alumnado.


ALBUM DE FOTOS


Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn