Taller de busca de emprego no Centro EFA Piñeiral

O xoves15 de novembro, tivo lugar na EFA PIÑEIRAL  de Arzúa un taller de busca de emprego, dirixido ós alumnos dos ciclos medios de Comercio e Coidados Auxiliares de Enfermaría e  ó ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing, que están a rematar a formación en centros de traballo.

Obxectivos da actividade:

  • Que os participantes coñezcan e fagan un uso óptimo dos diferentes recursos e ferramentas para a busca de emprego.
  • Que desenvolvan recursos persoais, competencias comunicativas e de control emocional, aplicables cando se enfrenten a unha entrevista de selección.
  • Que potencien actitudes positivas en relación coa busca de emprego.

O programa desenvolvido concretouse en dous talleres:

Simulacións de dinámicas de grupo, onde se puido observar a interación entre os candidatos, a hora de resolver un caso onde se apreciaban as actitudes e cualidades dos candidatos, como por exemplo  interación,  capacidade de traballo en equipo, capacidade de comunicación,  proactividade,  creatividade, expontaneidade e  liderazgo. 

Simulacións de varias entrevistas persoais onde se resaltaron aspectos importantes a ter en conta ante esta situación como a presencia, o saúdo,  a naturalidade, a seguridade, a expresión corporal.....

O remate dos talleres fixose unha síntese, resaltando as novas formas de busca de emprego a través de webs de emprego e redes sociais relacionadas con este campo.

O taller foi impartido por Carolina Lores e Antonio García técnicos da empresa  Nortempo-Santiago.

Os participantes mostraron a súa satisfación polo contido da actividade, que esperan lles axude a enfrentarse a un proceso de seleción con mais seguridade.


Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn