Campaña de colaboración con Cáritas

As alumnas de TCAE (Ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría) nas semanas previas ao Nadal,  decidimos facer unha campaña de recollida de produtos navideños co fin de colaborar coa xente máis necesitada a través de Cáritas.

No inicio da campaña pedimos a toda a comunidade educativa (profesorado, personal non docente e alumnado) que nos axudara coa súa colaboración. Todos aportamos o noso gran de area.

O alumnado do CS de Xestión Comercial e márketing axudaron dun xeito especial xa que se encargaron de deseñar os carteis informativos e o lema da campaña que,  por arrancar  o 12/12/2012, foi: “Dende o 12 do 12 de 2012, doa un doce para un doce Nadal”.

O xoves 20, ás 4:30 da tarde, un grupiño de compañeiras de TCAE achegámonos aos locais de Cáritas - Arzúa para facer a entrega de 4 caixas grandes con todo o recollido (bombóns, turróns, larpeiradas propias do Nadal). Estabamos realmente emociondas e moi contentas pola resposta e axuda de tod@s e dende aquí queremos agradecervos a  vosa colaboación.

Bo Nadal a toda a comunidade educativa de Piñeiral.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn