Leroy Merlin entrega os diplomas da primeira edición do seu programa de becas en Galicia

Leroy Merlin entrega os diplomas ós alumnos universitarios e de Formación Profesional participantes no Programa de Becas da compañía.

No acto de entrega estiveron presentes o director xeneral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, Manuel Corredoira, a subdirectora xeneral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, Eugenia Pérez, o subdirector xeneral da Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), Santiago Álvarez e o director da propia tenda de Leroy Merlinen Santiago de Compostela, Julio Rodríguez.

Os alumnos de PIÑEIRAL:
Miguel Lopez Mejuto, do CS de Xestión Comercial e Márketin e Iván Carreira Mata, do certificado de profesionalidade Actividades de Venda; recibiron o diploma acreditativo da participación no programa de becas que LEROY MERLIN estivo a desenvolver en colaboración cos centros de Formación Profesional

Noraboa aos dous

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn