Piñeiral participou en TERRACTIVA. Unha venda moi especial

O Centro EFA Piñeiral, participou por primeira vez en TERR@ACTIVA, a 10ª feira ecolóxica celebrada no recinto feiral de Arzúa o 5 e 6 de outubro. Esta feira é unha mostra de produtos e servizos ecolóxicos e artesáns de distintos sectores.

As alumnas do 2º curso do Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría participaron dunha forma moi especial, pois desde a fabricación ata a venda foi planificada por elas.

Optouse por produtos artesáns e novedosos realizados no seu obradoiro, como foron pastas, magdalenas, rosquillas, almendrados e bombóns. Produtos con materias primas diferentes como son: fariñas de centeo e millo, aceite de oliva, bebida de soia ou azucre moreno entre otros. Pretendíase que fosen ademais de novedosos, unha alternativa para as personas con alerxias e intolerancias a certos alimentos.

A experiencia foi un éxito, pois coñeceron de primeira man non só a tarefa de producir, que é o máis habitual na súa profesión, senón tamén a de comercializar. Aplicaron dese xeito, os coñecementos dun módulo deste curso como é “Presentación e Venda de Produtos de Panadaría e Pastelaría”. Coa axuda inestimable de Lorena Quintela, experta en Publicidade, realizouse o deseño da imaxe dos produtos e a decoración do stand. Stand moi comentado entre os visitantes e que ademais, facilitou a venda e as alumnas sentíronse moi orgullosas de vender os seus produtos.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn