Xornada Formativa “Mercadotecnia, Descifrando as 4ps"

O alumnado do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing da Efa Piñeiral tivo a oportunidade de acudir á Xornada Formativa “Mercadotecnia, descifrando as 4Ps. O curso tivo lugar no edificio Cersia de Santiago de Compostela e impartiuno un gran profesional e coñecedor do sector, Modesto Gómez. Esta actividade centrouse no coñecemento de conceptos básicos de mercadotecnia e a súa posta en práctica na estratexia empresarial. Durante as oito horas nas que se desenvolveu o curso desglosáronse as seis dimensións do marketing a través de exemplos prácticos que os alumnos poideron relacionar cos coñecementos do módulo de Políticas de Marketing.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn