Visita de estudios á Terra de Melide
No mes de outubro, o alumnado da EFA Piñeiral tivo a oportunidade de visitar diferentes empresas e iniciativas profesionais na Terra de Melide, para así complementar a súa formación académica e ver de primeira man o traballo de cada sector profesional.
As alumnas do ciclo de Panadaría, Repostaría e Confeitaría visitaron unha iniciativa reposteira artesá (Casa Melchor); que a pesares de existir fai catro xeracións, a persoa que a leva é unha moza emprendedora que quixo seguir co negocio familiar. Tamén foron á sección de froiteria do Gadis para coñecer as variedades de froitas existentes no mercado, a súa procedencia, as denominacións, etc. Ademais visitaron Fungocerga, unha empresa adicada á producción e venda de hortalizas e froitas ecolóxicas, entre as que lle interesaron foron as froitas do bosque pola súa utilización cada vez máis habitual na repostaría.
Por outra parte, o alumnado da familia profesional Comercio e Marketing visitou as instalacións da Cooperativa Melisanto. Poideron coñecer in situ, de mans do persoal técnico, cómo esta empresa dende as suas orixes vai adaptando e diversificando as súas actividades en función das necesidades dos socios, así como os seus proxectos de futuro. A continuación foron recibidos pola xerente de ASETEM (asociación de empresarios de Melide), quen lles explicou os obxetivos da asociación en xeral e máis concretamente do sector comercio, onde a través do centro comercial aberto desenvolven unha serie de estratexias para favorecer o comercio local.
Por último, o alumnado de Coidados Auxiliares e de Enfermaría visitou distintas iniciativas sociais, co obxectivo de coñecer os servizos que se ofrecen. Tamén ampliou e profundizou nas competencias que pretenden adquirir para a súa futura labor profesional. Na residencia de maiores foron atendidos pola directora e a terapeuta, as cales indicaron a importancia do trato e a atención persoal cos usuarios. Fixeron un percorrido por todas as instalacións e poideron ver e comprobar a utilización de diversas axudas técnicas empregadas para o coidado dos maiores e para facilitar o traballo dos profesionais. Remataron a visita no Centro Ocupacional de Discapacitados Psíquicos, onde foron recibidos pola directora e sentíronse moi ben acollidos polos usuarios, que fixeron de guías, explicándolles e mostrándolles todas as actividades que realizan no centro.