Obradoiro de escaparatismo en Piñeiral

O alumnado do Ciclo Medio de Comercio estamos a participar nun obradoiro de escaparatismo que se desenvolverá ao longo de todo o curso e que ten como obxectivos:

  • Mellorar as nosas capacidades e destrezas 
  • Fomentar a creatividade e o traballo en grupo
  • Coñecer e traballar os distintos materiais
  • Aplicar os coñecementos teóricos do módulo de Animación no punto de venda
  • Adaptarnos aos prazos e períodos previstos para cada proxecto 
  • Dar a coñecer esta actividade ao resto da comunidade educativa

Este último obxectivo acadámolo cando sacamos os escaparates do taller de Comercio e os colocamos polas zoas de paso do Centro. E aí seguen a estar. Sorprenden a toda a comunidade educativa, chaman a atención, pero sobre todo, fan que o alumnado de Comercio nos sintamos moi orgullosos, satisfeitos e con gañas de facelos o mellor posible. Para cada grupo, o seu escaparate é, sen dúbida, o máis “currado” e o máis orixinal.

Podemos ver nas fotos unha mostra dos realizados ata o momento. Á volta do Nadal , espéranos moito traballo: escaparates de rebaixas, de S. Valentín, de temporada…

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn