Conferencia sobre o alcoholismo nos mozos, o botellón e os seus efectos

Cara o fin do trimestre, tivemos unha conferencia sobre o alcoholismo nos mozos, o botellón e os seus efectos, impartida polo médico hematólogo e investigador - colabora con importantes revistas científicas internacionais- José Luis Pérez Requejo.

Este experto doutor tratou o tema con profundidade, de forma práctica e sinxela, tocando distintos aspectos: efectos biolóxicos, fisiolóxicos no organismo, diferenciación entre home e muller, ¿o alcoholismo hérdase?, tipos de alcohol e outras bebidas potencialmente perigosas, ¿cómo se divirten os mozos de hoxe en día?, lugares de diversión –características e perigos-, etc.

Previamente a esta exposición, as alumnas do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares e de Enfermaría tiveron unha sesión de traballo relacionada co módulo Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico do paciente, na cal se analizou esta problemática no noso entorno. Houbo debate, recolléronse preocupacións e distintas preguntas que a delegada do ciclo, Raquel Figueiras Crespo, transmiteu e expuso o día da conferencia .

Por outro lado, os pais das alumnas presentes tamén manifestaron a súa preocupación por este fenómeno tan pouco beneficioso para os nosos mozos.

Finalmente, o médico Pérez Requejo logrou concienciar aos asistentes a importancia de ir a contracorrente para frear os desastres que produce na xuventude, nas familias a consecuencia deste fenómeno.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn