Taller búsqueda de emprego
En Piñeiral tivemos o día 25 de novembro un Taller de Emprego dirixido ó alumnado dos ciclos formativos: Coidados Auxiliares de Enfermaría, Comercio e Xestión Comercial e Marqueting, que están a rematar a súa Formación en Centros de Traballo.
Os obxectivos do taller foron:
- Coñecer e facer un uso óptimo dos diferentes recursos e ferramentas para a búsqueda de emprego. Deste xeito, simuláronse dinámicas de grupo e entrevistas persoais.
- Desenvolver recursos persoais, competencias comunicativas e de control emocional aplicables á situación da entrevista de selección.
- Facilitar a aparición de actitudes positivas en relación coa búsqueda de emprego a partir do desenvolvemento dos recursos persoais dos participantes.
En definitiva conseguir que o alumnado se sinta máis preparado e con menos temores á hora de enfrentarse a un proceso de selección de persoal.