Visitas en Coruña

COMERCIO

O alumnado do Ciclo Medio de Comercio visitou a empresa C&A Moda. Alí atendeunos o Store Manager da tenda, Juan Carlos Rodríguez, que lles foi explicando a distribución, os diferentes proveedores, a orixe do seu nome, a súa histoira e cáles son os elemento que máis valoran para contratar persoal. Máis tarde acudiron á empresa Retif-Papelería/decoración, na que poideron ver todo tipo de materiais para crear diferentes comercios e escaparates, así como empaquetados, embalaxes ou presentacións de produtos.

MARKETING

O Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing visitou as instalacións de Sondaxe. Alí foron atendidos por Ana Barlosa Vázquez, xefa da área técnica do Grupo, unha gran profesional con moita experiencia neste sector. A visita dividiuse en dúas partes: na primeira, fíxose un percorrido guiado polas instalacións, con especial atención ó call center no que se resumen os servizos que presta a empresa (enquisas, atención ó cliente, estudos de mercado...). Na segunda parte, Ana deleitounos cunha clase maxistral detallando que Sondaxe é unha empresa que pertence ó Grupo Voz, ofrecendo servizos complementarios a este xornal. Sondaxe foi ampliando a súa actividade ata converterse nunha prestixiosa empresa galega de investigación de mercado e marketing. Ofrece servizos como estudos cualitativos e cuantitativos, pseudocompras, barómetros sociais e políticos, paneis de consumidores. Todo elo grazas a un equipo técnico profesional expandido por todo o territorio galego.

CAE

O alumnado de Coidados Auxiliares e de Enfermaría estivo no Complexo Hospitalario da Coruña. Alí recibiunos a coordinardora de docencia de auxiliares de Enfermaría. Tiveron a oportunidade de ver cómo funciona o programa Gacela (utilizado en tódolos hospitais do Sergas). Tamén visitaron a Unidade de Lesionados Medulares (Unidade de referencia de todo o noroeste de España), onde lles explicaron e viron a sala de críticos, cómo funcionan as camas especiais, cómo é o mobiliario das habitacións...Na zona de fisioterapia e reducción viron in situ cómo os pacientes volven adquirir os movementos e a motricidade a través da rehabilitación. Logo, foron á unidade de enfermidades infecciosas. Explicáronlles as características das habitacións, os tipos de enfermidades infecciosas e as medidas de prevención e illamento.
Pola tarde visitaron a empresa Comercial Boente, distribuidor de instrumental e material ortopédico e sanitario. Poideron ver e inspeccionar todo tipo de materiais, dende pinzas, material ortopédico, sillas, andadores... Nesta visita poideron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo, pois identificaron cada instrumental que xa estudaran na clase. Ademais entregáronlles diferentes catálogos que lles axudarán moito para o seu ciclo.

PREC

A empresa HELLO CAKES recibiu nas súas instalacións ó alumnado do Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría.
Presentaron a empresa as dúas socias e na súa intervención destacaron entre outros aspectos:
A importancia da formación, xa que non se pode desenvolver unha actividade sen ter coñecemento teóricos e prácticos das tarefas que implica. No caso delas, asistiron a moitos cursos antes de adicarse a esta actividade e inverteron moito tempo e diñeiro en cualificarse profesionalmente.
A vocación e interese polo que se está a facer. Partiron dunha afición e polo interese que mostraron converteuse na súa profesión.
A capacidade de adaptarse ás necesidades dos clientes e a visión global do mercado e sector. Inicialmente pensaban adicarse á produción de tartas e neste momento xa teñen catro tipos de actividades: Produción de tartas, venda de utensilios para pastelaría, cursos de formación e organización de grandes eventos.
A innovación (presentar cousas novas ou adaptar produtos doutros países ós nosos gustos) En Europa, e mais en concreto en España, as cousas non nos gustan tan doces como ós americanos.
A importancia da imaxe no produto final, no envase e no entorno onde se vai expoñer. Neste aspecto, mostráronnos un vídeo que recollía a presentación dos seus produtos no Hostal dos Reis Católicos de Santiago.
A seriedade: cumprir co cliente é o que fai permanecer e medrar no mercado.

O que mais sorprendeu ó alumnado foi que puxeran en funcionamento este proxecto dúas mulleres cunha vida profesional xa resolta, arriscando o seu propio posto de traballo por algo no que crían e que lles gustaba.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn