Ciclo de Conferencias

O 25 de xaneiro, en Piñeiral traballamos con expertos dous temas moi importantes na actualidade, que afectan no noso día a día: os perigos de internet e o factor humano na relación de parella. A esta sesión acudiu o alumnado de Piñeiral acompañado das súas familias. Xa que os temas interesan por igual a familias e alumnado, a actividade conxunta ademais de fortalecer a relación e facilitar o diálogo entre as dúas partes, tamén axuda a buscar solucións consensuadas.

Fernando Ríos, experto da Garda Civil en temas relacionados con Internet e os seus riscos, comentounos que o uso das novas tecnoloxías non son nin boas nin malas, todo depende do uso que lle dea cada un. Aínda así, hai diferentes riscos que convén ter en conta: o uso abusivo que pode crear adición ou illamento, o acceso a páxinas inapropiadas ou as ameazas á nosa privacidade. Este experto tamén comentou o ciberbuling ou acoso en redes sociais, o acoso sexual ou grooming, os riscos económicos ou fraudes e o phishing ou suplantación da identidade. Para todos estes perigos que nos encontramos na rede expuxo unha serie de medidas para poder evitalos, como por exemplo non dar datos persoais, evitar contactos físicos con persoas que non coñecemos ou non ter agregados nas nosas redes sociais a persoas descoñecidas. Ademais, dedicou un apartado especial ás posibles estafas nas compras por internet e a cales son as claves para facer unha compra segura.

Natividad Porto expuxo os valores fundamentais para manter unha boa relación de parella, baseándose na súa experiencia persoal e no observado noutras parellas do seu entorno. Na introdución quedou claro que se ía falar de relacións serias que queren durar no tempo e para isto é fundamental partir dun proxecto común e consensuado no que fai falla paciencia, confianza e comunicación. Tal e como precisou Nati, o momento de máis unión do matrimonio é cunha almofada nas costas, falando de todo o que sexa necesario, dedicando o tempo preciso . O respecto mutuo mereceu un capítulo aparte xa que é compoñente imprescindible e cando queda tocado nada volve a ser igual.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn