As visitas de estudios son un elemento moi importante en Piñeiral, pois serven para mostrarlles ó alumnado a relidade de cada sector profesional e son un complemento significativo na súa formación. Así pois, o día 29 de xaneiro o ciclo medio de Comercio, o ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing e o ciclo medio de Coidados Auxiliares e de Enfermaría acudiron a Santiago de Compostela para visitar varias institucións e organismos relacionadas co seu sector profesional.

Visita de estudios a Santiago

As visitas de estudios son un elemento moi importante en Piñeiral, pois serven para mostrarlles ó alumnado a relidade de cada sector profesional e son un complemento significativo na súa formación. Así pois, o día 29 de xaneiro o ciclo medio de Comercio, o ciclo superior de Xestión Comercial e Marketing e o ciclo medio de Coidados Auxiliares e de Enfermaría acudiron a Santiago de Compostela para visitar varias institucións e organismos relacionadas co seu sector profesional.

O alumnado da familia profesional Comercio e Marketing participou nunha serie de talleres prácticos na Escola Galega de Consumo. No primeiro deles, a monitora desta actividade proporcionoulles ós alumnos os criterios de seguridade que había que ter en conta para facer unha compra segura por Internet e logo puideron levalo á práctica a través dun simulador de compras.

No taller de linguaxe publicitaria, o alumnado repasou cales eran os compoñentes principais da linguaxe no mundo da publicidade, a importancia da música, do texto, do eslogan ou das cores na composición do anuncio. Ademais, puideron ver todos eses elementos ilustrados en anuncios reais e, por grupos, deseñaron os seus propios anuncios coidando todos os detalles. Tamén afondaron noutros conceptos como a publicidade ilítica, enganosa ou desleal.

No taller de Publicidade no punto de venda, os alumnado recreou o comportamento dun consumidor común que acude ó supermercado a facer a compra para un día, repasaron os elementos presentes no merchandasing e deseñaron e lanzaron un novo produto.

Pola tarde, visitaron o viveiro de empresas da Cámara de Comercio. Alí explicáronlles que significa formar parte desta iniciativa e puideron coñecer, a través dunha visita guiada, diferentes experiencias postas en marcha por emprendedores que teñen o viveiro como sede. Sergio, un dos emprendedores do viveiro e creador da empresa de marketing online “Seo á Feira” contou de primeira man a súa experiencia como emprendedor despois de traballar como comunity manager para a Selección Española de Fútbol.

O alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría visitou o Hospital Clínico. Comezaron a súa andaina no servizo de Urxencias e viron como estaba organizado: desde o triaxe (onde se establece o tipo de urxencia e a súa prioridade), a zona de observación, a zona de monitores (para as patoloxías que requiren da vixilancia das constantes) ou a zona de críticos e illados.

Tamén visitaron a unidade de esterilización e de limpeza do material. Alí explicáronlles o proceso e a trazabilidade do material (que material chega, de onde ven, que proceso require...). O que máis lle sorprendeu ó alumnado foi como se clasifican os sets de ciruxía, pois todo o material necesario para cada operación organízase en caixas dependendo da doenza.

Por último visitaron a Unidade de Diálise, onde o alumnado puido investigar sobre este tema a través de diferentes preguntas que prepararan previamente na aula. Ademais, as auxiliares explicáronlles cal era seu papel neste servizo, recalcando a súa importancia xa que é primordial a hixiene do paciente e pesalo con precisión.

Xa pola tarde, dirixíronse á Facultade de Odontoloxía. Alí visitaron dous gabinetes especializados en endodoncia. Puideron comprobar cal era a labor da auxiliar, o material utilizado, cómo se revelan e comproban as radiografías, os tipos de anestesia ou as medidas de esterilidade.

Foi unha visita moi enriquecedora, pois reforzaron os coñecementos acadados na aula e ademais tomaron contacto coa realidade do mundo laboral.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn