Piñeiral no Fórum Gastronómico de A Coruña

Os días 21 e 22 de febreiro, o alumnado do ciclo de P. Repostaría e confeitaría do Centro Piñeiral tivemos a oportunidade de participar no Fórum Gastronómico Coruña 2014.

Se ben todas as actividades do programa eran tan apetecibles como os produtos resultantes ou dos que se ía falar, a nós as que máis nos interesaron foron as que tiñan que ver directamente co noso futuro profesional, as do Fórum Doce.

Con Ariel Mendizábal que disertou sobre o cacao e o chocolate e ofreceu unha demostración maxistral e degustación, descubrimos perspectivas moi innovadoras. Con Carlos Arribas, experto en xeados e invitado ao Fórum por Granxa O’ Cancelo, tomamos boa nota da importancia que ten usar materias primas de primeira calidade. Un bocado moi goloso tamén foi poder participar nos obradoiros que executaron os mestres pasteleiros  Marco Leone e Jordi Roca de El Celler de Can Roca. A súa técnica e perfecta execución, a orixinalidade e os acabados confirmáronnos unha vez máis que a ilusión e as ganas de aprender, experimentar, renovarse, son o ingrediente principal para disfrutar traballando no noso obradoiro e para traballar disfrutando na elaboración de cada produto.

 

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn