Piñeiral imparte dous obradoiros na Festa do Queixo 

O alumnado do ciclo de Repostaría e confeitaría do centro EFA Piñeiral coordinado pola súa profesora Susana Estévez impartiron dous obradoiros de cociña creativa durante a Festa do Quiexo celebrada en Arzúa os días 1 e 2 de marzo. 

Nos dous casos as receitas tiñan como elemento principal o queixo Arzúa-Ulloa, protagonista desta festa.

Os obradoiros desenvolvéronse o domingo pola tarde e estiveron dirixidos aos máis pequenos, o preimeiro deles, e tamén aos adultos. Nos dous casos participaron activamente e con moito interese na elaboración das receitas, disfutaron decorando e puxeron imaxinación modelando as figuriñas para os acabados. Despois de tanto traballo, o momento de degustar os resultados dou paso a unha festa de novos sabores e sorpresas agradables para o paladar. As piruletas, a mousse de queixo, os dados de queixo, e mesmo as cupcake con crema de queixo xa nos teñen segredos para eles.

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to TwitterSubmit to LinkedIn